ve
sa
do
lu
ma
me
xo
ve
sa
do
 
     
   
     
DÍA 27

20’30 TEATRO PRINCIPAL
COMPAÑÍA: Companhia de Teatro de Braga - Portugal
ESPECTÁCULO: Concerto «À la carte»

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA:
Autor: FRANZ XAVER KROETZ
Intérprete: Ana Bustorff
Tradución: Maria Adélia Silva Melo
Dirección musical: Pedro Pinto
Escenografía: Carlos Sampaio
Dirección escénica: Rui Madeira


SINOPSE:
Unha grande performance de Ana Bustorff, un ollar frío, concreto, real sobre a vida dunha señora igual a tantas que habitan no apartamento do lado, que se cruzan connosco no supermercado, a quen ollamos sen ver e que morren sen sabermos e sen elas mesmas decatárense.

www.ctb.pt

     
   
     
23’00 AUDITORIO MUNICIPAL
COMPAÑÍA: A Internacional - Galicia
ESPECTÁCULO: Frida

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA:
Autor: JORGE REY
Intérpretes: Alfredo Padilla, Manuela Varela
Asistencia de dirección: Daniel Coquero
Produción: Rosalía balado
Dirección: Jorge Rey


SINOPSE:
Unha revisión escénica dos últimos anos da pintora mexicana, que intenta abrir unha reflexión sobre a represión da muller na sociedade.
Ademais de relatar a historia dunha muller precursora e comprometida, que empregou a arte como un medio para transformar en beleza a dolor que padeceu, a obra pon de relevo o contexto histórico, xa que a pintora gardaba relación íntima con artistas de fondo compromiso, como a súa parella Diego Rivera, ou o político comunista Leon Trotsky.


www.ainternacional.com