ve
sa
do
lu
ma
me
xo
ve
sa
do
 
     
   
     
DÍA 31

12’00 RÚA DO PASEO
COMPAÑÍA: Femme Fatale - Galicia
ESPECTÁCULO: Bon jour bon jour! (Bo día, bo día!)

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA:
Intérpretes: María Polo, Uxía Vázquez, María Manero, Fabiana Gastaldello, Yolanda Paz
Coreografías: Compañía Femme Fatale
Vestiario: Talleres Felicidad García
Complementos: Cyan, José Ferreiro Peluqueros, Peluquería Toky
Idea e dirección: Nelson Quinteiro


SINOPSE:
«Bonjour, Bonjour!» quere recrear o ambiente que se respiraba nos anos 60 en Galicia, uns anos dourados que, se ben a ditadura aínda conservaba os seus dentes, supuxeron a modernización do noso país. Bonjour! á lavadora, Bonjour! á televisión, Bonjour! aos salóns de peiteado, boutiques, pastelarías ou tendas de ultramarinos. Bonjour! á auga corrente, Bonjour! aos baños nas casas, Bonjour! aos tubos, ás permanentes, á música ye-ye ou Bonjour! a unha certa liberación, aínda que tímida no papel da muller.
As rúas encheranse de tubos, permanentes, música ye-ye, revistas do corazón ou coreografías que evocan ás tele-operadoras de Telefónica, ás azafatas de Iberia, ás nadadoras da natación sincronizada, ás presentadoras do Telecupón ou aos salóns de peiteado máis célebres do celuloide nun espectáculo cheo de optimismo, frescura e que aborda directamente o imaxinario colectivo sobre os «Sixties» que de súpeto volven estar de moda.


www.cabare3.org/femmefatale/bonjourG.html

     
   
     
20’30 AUDITORIO MUNICIPAL
COMPAÑÍA: Ur - País Vasco
ESPECTÁCULO: Sueño de una noche de verano
(Soño dunha noite de verán)


FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA:
Autor: WILLIAM SHAKESPEARE
Intérpretes: José Tomé, Ana Pimenta/Celia Pérez, Jorge Muñoz, Cecilia Solaguren, Jorge Basanta, Ione Irazabal
Escenografía, vestiario e iluminación: J.L. Raymond, Susana de Uña, Txemari Rivera, José Tomé
Actualización escenografía e vestiario: José Tomé
Actualización iluminación: Miguel Ángel Camacho
Coreografía: Eduardo Ruiz
Espazo sonoro: Eduardo Ruiz, Txemari Rivera
Actualización espazo sonoro: Íñigo Lacasa
Versión e dirección: Helena Pimenta


SINOPSE:
O noso «Soño» é unha lectura contemporánea da comedia de Shakespeare na que o amor, a través das súas diversas manifestacións, é o verdadeiro protagonista: amor que libera, encadea, impulsa, anula, redime, destrúe, idealiza e humilla. Guiados polos seus dardos, os personaxes intérnanse no bosque onde impera outra orde, a da natureza, a dos propios instintos, tan tolos como o mundo.
O bosque, a noite, a lúa…. suficientes elementos para que o real e o ficticio se entrelacen, únase o posible ao infinito, a vexetación viva e os nosos personaxes dean renda solta ás súas paixóns, as fantasías que van máis alá do que razón pode percibir.
Coma eles, mergullarémonos nun torrente de cousas inexplicables que, á veces, non necesitaremos explicar. Outras veces, intentaremos explicalo todo e a nosa razón reclamaría un «filtro» que nos proporcionara a resposta. Outras, aínda sen «filtro», recoñeceremos as loucuras dos humanos como unha cousa razoablemente explicable, porque as vivimos ou vimos.
Non poderemos facer nada ata que os «trasnos» decidan liberarnos, desenmeigarnos. E volveremos á nosa querida realidade coa dúbida melopeica de que hai outras realidades. Algúns atreveranse a esperar que a melopea dure o suficiente para recordar que nos queda a posibilidade de transformarnos, de vivir a alteridade, que non é tan difícil, aínda que por momentos necesitemos unha axudiña, a que os «trasnos» sempre están dispostos.
«Grazas a aquela noite foilles posible evadirse de si mesmos. Eran auténticos nos seus soños, libres da mentira e da suxeición».


www.urteatro.com