sa
do
lu
me
xo
ve
sa
do
ma
me
xo
ve

VENRES 11

23’00 AUDITORIO MUNICIPAL
COMPAÑÍA: Matarile Teatro
PROCEDENCIA: Galicia
ESPECTÁCULO: Staying Alive
DURACIÓN: 90 min.

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Intérpretes: Mónica García, Rut Balbís, Nuria Sotelo e Ana Vallés
Dramaturxia: Ana Vallés
Iluminación: Baltasar Patiño
Escenografía: Baltasar Patiño
Dirección: Ana Vallés


SINOPSE
Partimos do significado do propio título: seguimos vivos, mantémonos vivos.

Desde a peor Europa posible.

Partindo do difícil que é ver o que temos diante dos nosos ollos, xorde a necesidade de considerar cal é o noso lugar no mundo.

E como dicía Roberto Bolaño: «O mundo está vivo e nada vivo ten remedio. Esa é a nosa sorte».

Matarile Teatro, unha das formacións galegas máis internacionais e galardoadas, é compañía en residencia da Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela.

Era só cuestión de tempo que Matarile Teatro reunise un elenco maioritariamente composto por intérpretes que proceden do mundo da danza. Neste caso, tres mulleres: Mónica García, Rut Balbís e Nuria Sotelo, bailarinas/actrices coas que Ana Vallés, directora do espectáculo, comparte escena. O proceso de creación transcorreu durante os meses de xullo, agosto e setembro dentro do Auditorio da Universidade de Santiago, un antigo espazo desmantelado, case diáfano, que perdeu as súas características de teatro-auditorio para converterse nun espazo con grande potencial escénico.


www.matarileteatro.com