sa
do
lu
me
xo
ve
sa
do
ma
me
xo
ve

SÁBADO 12

20’30 TEATRO PRINCIPAL
COMPAÑÍA: Teatro do Atlántico
PROCEDENCIA: Galicia
ESPECTÁCULO: A charca inútil
DURACIÓN: 90 min.

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Intérpretes: Gonzalo M. Uriarte, Marcos Vieitez e María Barcala
Autor: David Desola
Tradución: Xosé Manuel Pazos Varela
Vestiario: Susa Porto
Espazo técnico e deseño de Iluminación: Xúlio Lago
Fotografía, deseño cartel e grafismo: Tino Viz/Margen
Axudante de Dirección: María Pilar Martínez («Pilocha»)
Técnicos de Escena: RTA
Dramaturxia e Dirección: Xúlio Lago


SINOPSE
«A charca inútil» é un drama ao cadrado, onde uns personaxes atormentados deambulan por un mundo de desamparo e medo, vítimas dun contorno opresivo. Uns personaxes que se refuxian na loucura para se manteren cordos. É tamén unha historia de amor, na que as accións son moito máis importantes que as palabras, e na que o que se intúe é moito máis relevante que o que se percebe. Fala tamén do medo, e da morte. A peor das mortes: a morte dun neno. É tamén unha historia de soidade e misterio na que hai quen quere ver un lugar para a esperanza, pois fala, principalmente, da procura da felicidade. Unha procura se cadra enganosa ou desesperada. Pero unha procura en calquera caso.
(David Desola)

Teatro do Atlántico, compañía constituída no ano 1985, leva realizadas 28 producións, entre as que podemos subliñar destacando «Casa de bonecas» de Ibsen, «Amor de don Perlimplín con Belisa no Xardín» de García Lorca e «Unha primavera para Aldara» de Teresa Moure.

David Desola, un dos máis destacados dramaturgos españois, obtivo con «A charca inútil» o Lope de Vega 2007.


www.teatrodoatlantico.com