sa
do
lu
me
xo
ve
sa
do
ma
me
xo
ve

DOMINGO 13

20’30 AUDITORIO MUNICIPAL
COMPAÑÍA: Markeliñe
PROCEDENCIA: Euskadi
ESPECTÁCULO: Makinista
DURACIÓN: 70 min.

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Intérpretes: Sandra F. Agirre, Itziar Fragua, Jon Koldo Vázquez e Fernando Barado
Dramaturxia: MARKELIÑE
Deseño de vestiario: Marijo de la Hoz
Atrezzo e complementos: Paco Trujillo
Escenografía: Jabi Fernández
Proxeccións e audiovisuais: Pausa Vídeo S.L.
Fotografía: Luis Antonio Barajas
Coordinación: Iñaki Egiluz
Dirección Artística: Marijo de la Hoz
Dirección Técnica: Paco Trujillo e Jon Kepa Zumalde


SINOPSE
«Makinista» presenta unha dramatización da nosa historia, chea de ironía, metáforas e sentido do humor. Moito humor.

Viaxamos nun tren dirixido por un maquinista que controla a velocidade, as portas, as paradas. O tren é unha metáfora da sociedade guiada por un descoñecido.

Unha posta en escena cunha forza que radica na enerxía actoral e na transformación dos obxectos. Un espazo visual que adquire significado co vídeo. Unha iluminación que subliña a loita entre os que están e os que son.

A compañía vasca Markeliñe leva máis de vinte e cinco anos apostando polo teatro visual e de creación orixinal, asentada nos alicerces da interpretación, o traballo cos obxectos, a poesía e a dramaturxia.

Nesta proposta Markeliñe adapta o seu espectáculo de rúa «Anomalía Magnética» para levalo ao formato de sala. Aínda que a idea orixinal segue presente, «Makinista» aporta unha visión máis ampla e crítica da nosa sociedade.


www.markeline.com