sa
do
lu
me
xo
ve
sa
do
ma
me
xo
ve

MARTES 15

20’30 TEATRO PRINCIPAL
COMPAÑÍA: Teatro Ensalle
PROCEDENCIA: Galicia
ESPECTÁCULO: Imprudentemente deseé
DURACIÓN: 80 min.

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Intérpretes: Artús Rei, Raquel Hernández e Jorge Rúa
Dramaturxia: Pedro Fresneda
Apoio musical e fotografía: José Collazo
Iluminación: Pedro Fresneda
Espazo escénico: Teatro Ensalle
Distribución: J. Rúa
Web: David Santos
Dirección: Pedro Fresneda


SINOPSE
Houbo que substituír cada gramo de necesidade por un pouco de desexo, así, imprudentemente.
Lembras a viaxe?
O cheiro da pintura fresca, limpar os vellos obxectos e colocalos cerca das paredes acabadas de pintar. Rescatar tan só uns poucos obxectos do pasado e prepararnos para facer deste presente un pasado algo máis digno, así, imprudentemente, sen pensar demasiado.
Todo o demais pola ventá.

A compañía Teatro Ensalle naceu en Madrid en 1997, aínda que hoxe reside en Vigo. Actualmente é unha das compañías fixas nos circuítos de teatro contemporáneo do noso país como dos festivais de Sudamérica.

Desde 2010 Teatro Ensalle leva realizadas máis de 100 representacións dos seus traballos.

Pedro Fresneda, director e dramaturgo da compañía, é na actualidade o presidente da Coordinadora Estatal de Salas Alternativas. Os seus textos foron galardoados no Indifestival de Santander e publicados en diferentes editoriais españolas.


Teatro Ensalle está en plena celebración do seu 10º Aniversario.


www.teatroensalle.com