sa
do
lu
me
xo
ve
sa
do
ma
me
xo
ve

MÉRCORES 16

20’30 TEATRO PRINCIPAL
COMPAÑÍA: Abrapalabra, Creacións Escénicas
PROCEDENCIA: Galicia
ESPECTÁCULO: As do peixe
DURACIÓN: 90 min.

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Intérpretes: Casilda Alfaro, Mónica Camaño, Susana Dans e Rocío González
Autor: Cándido Pazó
Escenografía e vestiario: Carlos Alonso
Iluminación: Afonso Castro
Espazo Sonoro: Samuel Alonso
Colaborador na produción: Avelino Cores «Faber»
Produción e distribución: Belén Pichel
Dirección: Cristina Domínguez da Pena


SINOPSE
«As do peixe» son as traballadoras da conserva. A man de obra barata dunha industria que, ao longo do tempo e da xeografía, acabou por facer parte da paisaxe emocional do noso país.

«As do peixe» son catro actrices que, encarnando catro mulleres concretas, representan miles de anónimas traballadoras: as súas humildes historias, as súas vidas comúns, as súas íntimas arelas, os seus modestos soños, as súas pequenas frustracións.

A súa memoria colectiva.

«As do peixe» é un espectáculo sentido, bulideiro, divertido, intenso, directo, reflexivo, fresco, reivindicativo… porque así eran aquelas mulleres.

Premio do Público na Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia (MIT) 2013.


facebook.com/abrapalabra.creacionsescenicas