VENRES 18
20’30 RÚA DO PASEO
COMPAÑÍA: Residual Gurus
PROCEDENCIA: Cataluña
ESPECTÁCULO: The trash converters mantra trip band
DURACIÓN: 50 min.
FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Intérpretes: Alexandre Guitart, Raúl Pérez, Ramón Rodríguez, David Sitges-Sardà
Idea orixinal: Ramón Rodríguez
Música: Residual Gurus
Dirección: Adrian Schvarzstein
SINOPSE
Catro executivos da alta clase política-económica internacional chegan a un colapso existencial, un punto de non retorno na súa vida. É a partir de aí cando, a través da música, experimentan unha metamorfose pasando a encarnar os valores como o respecto e o amor.
Sons electrónicos, a linguaxe rítmica da India, os instrumentos orixinais, o riso e a improvisación teatral combínanse nun irrepetíbel ritual colectivo.
Residual Gurus é unha compañía de música-teatro creada co obxectivo de concibir unha arte innovadora, crítica e capaz de activar a conciencia.
A reutilización de materiais, o xogo co público e a reunión das tradicións e os sons ancestrais, crean un concepto único e fascinante que lles permitiu actuar en lugares tan dispares e prestixiosos como o Palacio de Congresos de Cataluña ou o Museo Van Gogh de Ámsterdam ou no Arkhangelsk International Street Festival en Rusia.
www.residualgurus.com/es