sa
do
lu
me
xo
ve
sa
do
ma
me
xo
ve

SÁBADO 5

19’00 Centro Municipal - Banco de España
COMPAÑÍA: Produccions Trapa
PROCEDENCIA: Cataluña
ESPECTÁCULO: Automatàrium
DURACIÓN: 90 min.

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Intérpretes: David Berga, Laura Ferrer, Sergio Juaquín Ortega e Mila Yon Choviak
Escenografía: Pablo Paz
Vestiario: El soldadet de plom
Produción: Produccions Trapa e David Berga Management
Dirección: David Berga e Toti Toronell


SINOPSE
«Automatàrium» inspírase nos autómatas comecartos de principios do século XX, como os expostos no Museo do Tibidabo de Barcelona.

Os actores comezan imitando os movementos cíclicos dos autómatas e acaban desenvolvendo diferentes acción dentro dunha dramaturxia que contén elementos de comedia e abrangue disciplinas como a maxia, o circo, o canto e o mimo. Ao tratarse dun espectáculo en permanente contacto co espectador, un dos actores encárgase do mantemento e vixilancia das atraccións de feira ofrecendo ao público moedas para o seu goce e corrixindo as «anomalías» no funcionamento dos autómatas.

Cando a moeda cae na fenda, o mecanismo actívase e o autómata comeza a súa acción. Unha instalación de teatro de feira que xoga co público dun xeito sinxelo e efectivo.


www.produccionstrapa.com

20’30 AUDITORIO MUNICIPAL
COMPAÑÍA: La Mona Ilustre
PROCEDENCIA: Chile
ESPECTÁCULO: Las cosas también tienen mamá
DURACIÓN: 60 min.

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Intérpretes: Emilie Urbas, Paula Barraza, Claudia Araya e Isidora Robeson
Dramaturxia: Andrea Gutiérrez
Deseño integral e monicreques: Eduardo Jiménez
Música: Tomás Preuss
Vestiario: Hanne Geerts
Iluminación: Miguel Bregante
Son: Diego Hinojosa
Idea orixinal: La Mona Ilustre
Produción: Travesía Producciones
Comunicación: Claudia Araya
Coprodución: La Mona Ilustre-Standarte
Dirección: Miguel Bregante


SINOPSE
Tres mulleres soas, de distintas xeracións. Un pobo que fala e fala, unha historia chea de nostalxia, tenrura e bonecos. Todo iso hai en «Las cosas también tienen mamá», nova entrega do colectivo La Mona Ilustre. Elas relaciónanse con bonecos de distintos tamaños para contar a súa verdade. Emoción, reconciliación, regreso ás raíces, son algúns dos temas que toca nesta obra La Mona Ilustre.

«Las cosas también tienen mamá» é unha historia de soidades e carencias, de mulleres que viven nunha aldea da que deberán saír para vivir de verdade. Un pai que se bota de menos e que desapareceu nas súas aventuras. A historia desenvólvese con actores e bonecos que manexan os mesmos actores seguindo procedementos do teatro asiático. Sorprendentes xogos de imaxes logradas en escena con moi poucos elementos.

(Agustín Letelier, crítico de teatro)

O colectivo franco-chileno-español está encabezado por Miguel Bregante e foi aplaudido pola súa primeira creación, «Los peces no vuelan», no 3º FITO.

www.lamonailustre.com