sa
do
lu
me
xo
ve
sa
do
ma
me
xo
ve

DOMINGO 6

19’00 Centro Municipal - Banco de España
COMPAÑÍA: Produccions Trapa
PROCEDENCIA: Cataluña
ESPECTÁCULO: Automatàrium
DURACIÓN: 90 min.

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Intérpretes: David Berga, Laura Ferrer, Sergio Juaquín Ortega e Mila Yon Choviak
Escenografía: Pablo Paz
Vestiario: El soldadet de plom
Produción: Produccions Trapa e David Berga Management
Dirección: David Berga e Toti Toronell


SINOPSE
«Automatàrium» inspírase nos autómatas comecartos de principios do século XX, como os expostos no Museo do Tibidabo de Barcelona.

Os actores comezan imitando os movementos cíclicos dos autómatas e acaban desenvolvendo diferentes acción dentro dunha dramaturxia que contén elementos de comedia e abrangue disciplinas como a maxia, o circo, o canto e o mimo. Ao tratarse dun espectáculo en permanente contacto co espectador, un dos actores encárgase do mantemento e vixilancia das atraccións de feira ofrecendo ao público moedas para o seu goce e corrixindo as «anomalías» no funcionamento dos autómatas.

Cando a moeda cae na fenda, o mecanismo actívase e o autómata comeza a súa acción. Unha instalación de teatro de feira que xoga co público dun xeito sinxelo e efectivo.


www.produccionstrapa.com

20’30 TEATRO PRINCIPAL
COMPAÑÍA: Adentro Teatro
PROCEDENCIA: Madrid - Arxentina
ESPECTÁCULO: En construcción
DURACIÓN: 90 min.

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Intérpretes: Carolina Román e Nelson Dante
Autoría: Carolina Román e Nelson Dante
Axudante de dirección: Diego Sabanés
Escenografía: Alexandra Alonso
Axudante de escenografía: Itziar Sagasti
Vestiario: Clara Bilbao
Iluminación: Eduardo Alonso Chacón
Audiovisuais: David Ulloa e Daniel Ortega
Música: Julio de la Rosa
Son: David Cubero
Fotografía: Beatriz Carrera
Fotógrafo de cartel: Sergio Parra
Deseño de cartel: Rafa Celda
Redes sociais: Verónica Parizzi
Xefa de prensa: Deborah Palomo
Director de produción: Luís Caballero
Produción: Tristán Ulloa
Dirección: Tristán Ulloa


SINOPSE
Unha mirada. Despois, unha aperta… que abre o tango. Dous compañeiros de viaxe ou dos náufragos? Coas alforxas xa medio baleiras… ou medio cheas, segundo se mire. Na metade dunha viaxe o bastante longa como para chegar ao punto de non retorno. O punto no que un decide non desandar o camiño, senón, a pesar de todo, seguir construíndo. Un home e unha muller inmigrantes, cargados de equipaxe, polas rúas de Madrid. Un espello: Como nos ven? Como os vemos/tratamos? Que faremos agora cando os inmigrantes noutros países volvemos ser nós? Que será dos nosos soños? Dos soños de Sole e Pablo?

«En construcción foi unha das sorpresas da tempada no Teatro del Arte, en Madrid.»
(Marcos Ordóñez, Babelia)

«Un traballo primoroso, sutil e intelixente que deixa hipnotizados aos espectadores, no que se propón, con humor e tenrura, unha viaxe iniciática polo desamparo da inmigración.»
(Rosana Torres, El País)

«Emotiva, divertida e necesaria.»
(Juan Diego Botto)