LUNS 7
20’30 Auditorio MUNICIPAL
COMPAÑÍA: Granhøj Dans
PROCEDENCIA: Dinamarca
ESPECTÁCULO: Men&Mahler
DURACIÓN: 60 min.
FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Intérpretes: Bill Eldridge, Lázsló Fülöp, Áron Darabont Leon, Tomaz Ciesielski, Mikolaj Karczewski, Tomás Danielis, Aureliuz Rys, Petras Lisauskas e Hilde Karlsen
Asistentes: Johan Ohlsson e Bill Eldridge
Música: Gustav Mahler
Dirección: Palle Granhøj
SINOPSE
«Ahhhh… como me gustaría ser home… de verdade que me encantaría –só por un par de días…» di o único personaxe feminino do espectáculo, mentres observa e esfórzase por entender a conduta e os xogos nos que están mergullados os personaxes masculinos. A pregunta é: Chegará a entendelos de todo?
«8 bailaríns nunha extraordinariamente refinada e fermosa performance que examina os roles masculinos arquetípicos amosando tanto a forza bruta como a enerxía masculina poética e lúdica».
«Un espectáculo magnífico que consegue case hipnotizar a mente coa fermosa expresión dos corpos virís acompañada da música de Mahler».
DIRECTOR E COMPAÑÍA.
O coreógrafo e autodidacta Palle Granhøj ten o aplauso do público, a prensa e os especialistas do medio artístico tanto no seu país de orixe, Dinamarca, como a nivel internacional, a raíz dunha serie de exitosas producións realizadas ao longo de vinte anos de traxectoria. Granhøj Dans é recoñecible pola orixinalidade do seu traballo, baseado na práctica consecuente da «Técnica da Obstrución».
www.granhoj.dk