sa
do
lu
me
xo
ve
sa
do
ma
me
xo
ve

MÉRCORES 9

20’30 CAMPUS UNIVERSITARIO (SALA MULTIUSOS, EDIFICIO DE FERRO)
COMPAÑÍA: Funboa Escénica
PROCEDENCIA: Galicia
ESPECTÁCULO: Oiseau rebelle
DURACIÓN: 70 min.

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Intérpretes: Cristina Balboa e Paulina Funes
Creación: Paulina Funes e Cristina Balboa
Textos e vídeo: Cristina Balboa
Iluminación e deseño gráfico: Paulina Funes
Espazo sonoro: Carlos Suárez
Axudante de dirección: Begoña Cuquejo
Asesoramento lingüístico: Natalia Vázquez
Espazo escénico, vestiario e maquillaxe: Funboa Escénica
Asistencia técnica: Man Hauser
Dirección: Paulina Funes e Cristina Balboa


SINOPSE
«Oiseau rebelle» (paxaro rebelde) é un espectáculo de teatro-danza, verbal, plástico e sonoro que dialoga sobre o imaxinario amoroso e des-amoroso. Un ritual do corazón como músculo, como metáfora e como alimento.

Que impide ás novas xeracións caer no amor? Para caer temos que ter unha certa seguridade de podernos levantar, ou aínda máis, un ten que poder sentirse a si mesmo e aceptarse tendo a necesidade de ser visto polo outro. Pode que falte isto nas novas xeracións, na nosa: a capacidade de sentirnos a nós mesmos. Mesmo despois de facelo é difícil namorar ou comezar unha historia «sincera».

Funboa Escénica é unha compañía de recente creación que nace da man de Cristina Balboa e Paulina Funes. Unha compañía que nace coa intención de crear novas ideas, para dar acubillo ao teatro máis contemporáneo e a novas formas de entender o teatro como arte escénica.


funboaescenica.blogspot.com.es