DURANTE TODO O FITO (XOVES 2 A SÁBADO 18)
Animación de rúa do grupo Trécola


XOVES 2
19:00 Centro Cultural Marcos Valcárcel
Presentación do libro El secreto de Ofelia: teatro, tejidos, el cuerpo y la memoria
de
Marifé Santiago Bolaños
Ed. Cumbres Editores

Marifé Santiago Bolaños
A escritora Marifé Santiago Bolaños (Madrid, 1962) é Doutora en Filosofía. Profesora de Estética e Teoría das Artes na Universidade Rei Xoán Carlos (Madrid). Os seus estudos ao redor do diálogo entre a Filosofía e a Creación artística reflíctense en conferencias impartidas en encontros internacionais, ensaios ou libros como La mirada atlántica: literatura gallega y peregrinación interior, La palabra detenida: una lectura del símbolo en el teatro de Buero Vallejo, Mirar al dios: el Teatro como camino de conocimiento ou El secreto de Ofelia. Teatro, tejidos, el cuerpo y la memoria.
Pertence aos padroados da Fundación María Zambrano (entre outros traballos, fixo a edición de Cartas inéditas de María Zambrano a Gregorio del Campo) e do Centro de Estudios sobre el Exilio, e é Académica Correspondente da Real Academia de Historia e Arte de San Quirce.
No ámbito da creación artística, algunhas das súas obras son as novelas El tiempo de las lluvias, Un ángel muerto sobre la hierba, El jardín de las favoritas olvidadas (traducida ao bengalí) e La canción de Ruth. Ou os libros de poemas Tres cuadernos de bitácora, Celebración de la espera, El día, los días, La orilla de las mujeres fértiles, El país de los pequeños placeres e Nos mira la piedad desde las alambradas.

EL SECRETO DE OFELIA. TEATRO, TEJIDOS, EL CUERPO Y LA MEMORIA
Poder taumatúrxico da arte?, misterio das Artes Escénicas?, Teatro como camiño de coñecemento?
Este estudo foi nacendo en pequenas pezas conceptuais capaces de fundamentar unha actitude ante a vida: mito, rito e espectáculo, relixión, maxia e Teatro, sacerdote, iniciado e actor. Portou máscara cando a ocasión o requiría. E expresouse dende un escenario temporal –o noso tempo- onde pode que a reprodutividade técnica teña “anulado a aura dos obxectos”, onde quizais “deus morreu”, onde é posible que o deus amante do disfrace, ese Dionysos da transgresión e a unidade perdida fose substituído por elementos espurios ao seu culto, que violaron o espazo do templo-teatro porque o vulgarmente chamado “cotián”, a xeografía da intimidade, fíxose espectáculo.
Coñecemento fragmentario, nómade, inacabado de acontecementos creadores que conviven cun mundo de présa interesada, e que se detén, con todo, no detalle capaz da eternidade para que a atención descubra, de habelos, territorios e camiños de tales territorios que só a Beleza amosa.
O segredo que Ofelia custodia, ese que, simbolicamente, parece arrebatarlle a loucura social que a traizoa, exerce de mestre de cerimonias. Ofelia preséntase como tecedora de memorias ofrecendo o seu corpo-escritura ao Teatro como lugar onde o coñecemento penetra na fondura da alma humana creadora.
Teatro, tejido, el cuerpo y la memoria. El secreto de Ofelia. Acaso unha actitude ante a vida.

Querida Marifé:
[…] El libro es excelente y me parece muy original la ordenación que le has dado así como la estructura. Es expansivo si perder su unidad. Es como una adagio largo y sostenido en tono menor, plagado de visuales, de concepciones estéticas y reflexiones hechas hacia el cuerpo desde la filosofía siempre femenina de una Ofelia multiplicada. Es muy novedoso, desde mi punto de vista, el tratamiento psicoanalítico, cultural, ritual, místico, ideológico, performativo, folclórico, humanista... que ofreces a partir de una “teoría del cuerpo" como recipiente alquímico, como conducto, tubería, filtro y paisaje creativo. Muy buenas las acotaciones textuales de Zambrano como Alter ego en la conciencia de la autora, el valor de la mujer y su participación inquieta e irreverente en el marco histórico de “su tiempo". Hay reflexiones que entroncan con Artaud, con las visiones antropológicas de Barba, denoto la navaja fría del teatro posdramático de Müller en el paisaje europeo de posguerra... Mucha savia en la lectura, mucho contenido que será sin duda disfrutado por aquellos que aman el arte y el teatro […]

Liuba Cid
(Directora de Teatro, Investigadora, na actualidade dirixe a Cía. teatral “Mephisto Teatro”, un proxecto iberoamericano de teatro que integra actores, deseñadores e coreógrafos de Iberoamérica e España)


LUNS 6 A LUNS 13
17:00 - 19:00 Centro Cultural Marcos Valcárcel
Curso Laboratorio de Dramaturxia
impartido por
Bárbara Colio

MATRÍCULA: 30 € (15 € alumnos/as da Aula de Teatro Universitaria do Campus de Ourense). 15 prazas por orde de inscrición no teléfono 639 884 984 (de 11’00 a 13'30 de luns a venres dende o día 28 de setembro ata o día 3 de outubro) ou no correo-e fitoourense@yahoo.es

Laboratorio experimental de dramaturxia onde se establecerán os alicerces para a creación dunha obra de teatro. Ao final, cada alumno e alumna deberá presentar un texto terminado de máximo 15 minutos de presentación, o cal terá unha lectura aberta durante a última sesión, co que esta sesión durará 4 horas.

Cota limitada a 15 alumnos e alumnas, maiores de 18 anos, con algunha experiencia en teatro (actuación, dirección, dramaturxia ou escritura).

Requisitos:
- Puntualidade e asistencia a todas as sesións.
- Previo á primeira sesión, ler Casa de Muñecas (descargar PDF) de Ibsen, Pequeñas Certezas (descargar PDF) e Cuerdas (descargar PDF) de Bárbara Colio.
- O primeiro día, presentar unha escena escrita impresa con copia para todos os participantes, tema libre, extensión de 2 cuartillas.

Obxectivos:
- Coñecer e experimentar cos elementos da composición dramática.
- Darlle enfoque á creación artesanal do personaxe.
- Provocar que o alumnado pense dramaticamente.

Contido:
- Coñecemento dos elementos do Drama: Personaxes; Espazo; Tempo; Conflito; Extraescena; Ritmo dramático; Síntese; Acción dramática; Premisa.
- Construción artesanal do Personaxe dramático.
- Análise crítica.
- Proxecto de escritura.

Bárbara Colio
Foi escritora residente no The Royal Court Theatre International Residency for Emerging Playwrights en Londres, no Writers Room e no Lark Play Development Center, ambos en Nova York, e en España polo Fondo Iberoamericano para a Creación Dramatúrxica, Iberescena.
As súas obras “Pequeñas certezas”, “Usted está aquí” “Cuerdas”, y “La Habitación” foron distinguidas con premios estatais, nacionais e internacionais, como o Premio Internacional María Teresa León outorgado pola ADE en España. No ano 2010, recibe a “Medalla de Oro como Bajacaliforniana distinguida”. O seu teatro foi presentado, traducido e publicado en México, Estados Unidos, España, Italia, Francia, Inglaterra, Perú e Arxentina.
A Compañía Nacional de Teatro montou dúas das súas obras “El día más violento” e “Carnada”. Funda a compañía teatral BarCo Drama coa que produce e dirixe “Vuelve cuando hayas ganado la guerra”.
Como docente, desenvolveu laboratorios de dramaturxia en varios estados do país, é docente na Escola Mexicana de Escritores. Nacida na desértica cidade de Mexicali, Baixa California, hoxe vive na chuviosa Cidade de México.
Visite: www.barbaracolio.com e www.facebook.com/barcodrama


XOVES 9
19:00 Centro Cultural Marcos Valcárcel
Presentación do libro De familias y otras catástrofes
de Bárbara Colio
Ed. Libros de Godot. México 2014

Inclúe as obras: Pequeñas Certezas, Cuerdas, Usted está aquí, Vuelve cuando hayas ganado la guerra e Carnada. Todas elas gardan unha relación con España.

A primeira, Pequeñas Certezas, obtén o Premio Internacional María Teresa León para Autoras Dramáticas, outorgado pola ADE en 2004, e agora en 2014, estreada por Sarabela Teatro.
Cuerdas atópase en repertorio pola compañía española Los Lunes dende febreiro 2013, e representouse no Centro Dramático de Madrid.
Vuelve cuando hayas ganado la guerra escríbese co apoio do Fondo Iberamericano Iberescena e en residencia en España durante o 2012.
Carnada producida pola Compañía Nacional de Teatro en México, estréase en Fira Tárrega 2013.
E Usted está aquí, en Francia, participou en tres festivais de teatro francés.

O TEATRO DE BÁRBARA COLIO E A POÉTICA DA AUSENCIA
A través de personaxes, situacións e estruturas construídas cunha precisión case milimétrica, que reflicten ben a formación académica da autora no rigor matemático da enxeñaría, as cinco obras que nos presenta esta antoloxía dan conta dun quefacer dramatúrxico que se constitúe como unha poética da mirada e da ausencia. O detonador da acción dramática destes cinco textos é unha ausencia ou un reencontro; sempre hai un alguén que nos falta, que nos marca e que, dun xeito ou doutro, empúxanos a asumir o baleiro como única forma de afrontar a vida. O ausente pode ser o pai (Cuerdas, Carnada), o irmán (Pequeñas certezas, Vuelve…) ou o fillo (Usted está aquí) e a súa busca ou o seu reencontro determinan a forma de actuar e de relacionarse de todos os personaxes.
O teatro de Bárbara Colio expresa un compromiso coa realidade do seu tempo; cos seres humanos que enfrontan o baleiro das ausencias co único recurso que lles permite seguir respirando: a mirada do outro.

Ana Laura Santamaría*
Monterrey, N.L. septiembre de 2014

*Doctora en Estudios Humanísticos con especialidad en Ética. Licenciada en Literatura Dramática y Teatro. Ha ejercido la crítica teatral en la ciudad de Monterrey desde 1993.Es autora de los libros Desde la butaca, teatro regiomontano en el fin del milenio (UANL,2002) e Implicaciones éticas de la Antígona de Sófocles (Paza y Valdés, 2009) Actualmente es profesora del Tecnológico de Monterrey y Directora de la Cátedra Alfonso Reyes de la misma institución.


VENRES 10
18:00 Centro Cultural Marcos Valcárcel
Charla - coloquio Que teatro facemos? Que teatro queremos?
pola AAAG

Como se fai teatro en Galicia? Tomemos un café! Ou mellor unha infusión! Falemos, compartamos experiencias, soñemos xuntos e xuntas…
A Asociación de Actores e Actrices de Galicia e o FITO propoñemos nestes tempos duros, nesta época, un lugar de encontro para profesionais e todas aquelas persoas interesadas nas artes escénicas en Ourense e en Galicia.
Que supón producir un espectáculo profesional de teatro en Galicia? Como xestionamos unha paixón? Canto custa facer teatro? Como nos podemos financiar? Como facer visibles tantas horas de traballo, esforzo e ilusión? Facemos o teatro que queremos? O público quere o teatro que facemos? Moitas son as preguntas. Podemos atopar moitas respostas… ou ningunha. Seguramente atoparemos máis preguntas… Máis o importante é que nos atopemos nós. Tomamos un café?


SÁBADO 11
19:00 Centro Cultural Marcos Valcárcel
Presentación do libro Textículos dramáticos e posdramáticos
de Afonso Becerra de Becerreá
Editorial Laiovento

Estes textículos (textos minúsculos) dramáticos e posdramáticos son órganos exentos de testosterona. No que atinxe ás hormonas sexuais, estas partículas dramáticas e posdramáticas, buscan o difícil xogo de equilibrios e oposicións entre testosterona, estróxeno, oxitocina e outras bioquímicas que pugnan por erguer o corpo e a emoción enriba dese palco teatral que é a vida humana.
Textículos dramáticos e posdramáticos é como unha segunda parte de aquelas Dramatículas (Laiovento, 2010), e unha homenaxe irónica á expresión empregada algunha vez por Julio Cortázar.

Na presentación do libro asistiremos á performance, con dirección escénica de Lina Pérez, a partir dun dos capítulos do libro.

Afonso Becerra de Becerreá
Dramaturgo e director de escena. Titulado Superior en Arte Dramática na especialidade de Dirección Escénica e Dramaturxia polo Institut del Teatre de Barcelona, e na de Interpretación polo ITAE de Asturias. Máster en Artes Escénicas pola Universitat Autònoma de Barcelona. Premio Álvaro Cunqueiro da Xunta de Galicia. É profesor na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia. Dende 1988 dirixe A Pipa de Becerreá. Entre a súa obra publicada cómpre destacar: Roberto Vidal Bolaño e o xogo do teatro (Laiovento, 2012), Dramatículas (Laiovento, 2010), Crio-Xénese (Laiovento, 2007), Dramaturxia. Teoría e práctica (Galaxia, 2007), Rexurdimento (RGT, 2006), O ritmo na dramaturxia (Universidade da Coruña, 2005) e Agnus Patris (Xerais, 2002).


SÁBADO 11
22:00 Praza de San Martiño (escalinata da Catedral)
Concerto dos Swingdigentes

Swingdigentes é unha compañía que se forma en Madrid en outubro de 2011 a través da integración de diferentes espectáculos de música e baile que se estaban desenvolvendo por separado nas rúas da capital.
O resultado deste traballo é a unión explosiva e singular das danzas urbanas contemporáneas como o Break Dance, Locking e Popping da mano do jazz clásico e a música e estética swing dos anos 20, todo isto adobiado con toques de humor propios da comedia xestual, ofrecendo así un espectáculo de calidade tanto na rúa como en salas e teatros.
Swingdigentes traslada o espírito e a espontaneidade do urbano aos escenarios grazas ás linguaxes universais da música, a danza e o teatro, e, á súa vez, reivindica as artes como entes vivos, convertendo as rúas nun grande escenario.


MÉRCORES 15 A VENRES 17
19:00 - 20:00 Centro Cultural Marcos Valcárcel
Curso Crítica para espectadores teatrais impartido por Camilo Franco

MATRÍCULA: 30 € (15 € alumnos/as da Aula de Teatro Universitaria do Campus de Ourense). 25 prazas por orde de inscrición no teléfono 639 884 984 (de 11’00 a 13’30 de luns a venres dende o día 2 ata o día 13 de outubro) ou no correo-e fitoourense@yahoo.es

O teatro é interpretable, esa é a súa grande condición. A crítica é un xeito de interpretar o teatro. A crítica é para ben. O curso quere explicar canto hai de críticos nos espectadores e canto hai de espectadores nos críticos. Este curso é, polo tanto, un curso de interpretación. Para que os espectadores asuman o seu papel de intérpretes aproveitando as ferramentas da crítica teatral. Para acurtar a distancia entre o patio de butacas e os escenarios. Para falar de teatro buscándolle o argumento.

Camilo Franco
Ourense, 1963
Escritor, xornalista e crítico cultural. Leva 30 anos practicando a crítica teatral en medios como La Voz de Galicia, o Diario Cultural da Radio Galega, a Revista Galega de Teatro ou Tempos Novos. Realizou experiencias sobre como entenden a fantasía os espectadores: “Queres ser un personaxe de novela” (Culturgal, 2011), “Queres ser ou non un personaxe de teatro” (Fiot, 2012) e “Queres ser arte contemporánea” (CGAC, 2014).

Libros teatro
Dez obras na vida de Roberto Vidal Bolaño. Biblos, 2012. É unha aproximación á obra do autor e director galego.

Narrativa
A lúa no cénit. Ediciós do Castro, 1988
En malos pasos. Edicións Xerais. 1992
Por conto alleo. Editorial Galaxia. 1999
Palabras contadas. Edicións Xerais. 2007


MÉRCORES 15
19:00 Centro Cultural Marcos Valcárcel
Proxección do filme documental das Ultranoites de Chévere
de Alfonso Zarauza
Duración: 45 min.

Alfonso Zarauza e os Chévere veñen falarnos da experiencia de traballar xuntos na elaboración dunha película documental sobre o feito de facer teatro hoxe en Galicia. Durante varios meses, o cineasta e un reducido equipo acompañaron ao grupo Chévere no seu traballo diario, mentres elaboraban a Ultranoite no País dos Ananos, que agora mesmo está xirando por Galicia. A través dunha mirada moi persoal e mesmo poética, Zarauza narra o desterro dunha compañía de teatro expulsada da súa cidade por un político corrupto e a súa loita de resistencia dende un territorio liberado como é o escenario da Ultranoite. Proxectarase en primicia unha montaxe provisional, que será comentada polo propio director e algúns membros do grupo Chévere.