xo
ve
sa
do
ma
me
xo
ve
sa
do
me
xo
ve
sa

VENRES 10

20’30 Teatro Principal
COMPAÑÍA: Matarile
PROCEDENCIA: Galicia
ESPECTÁCULO: Homes bisagra [ESTREA]
DURACIÓN: 60 min.

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Músicos performers e composición musical: Nacho Sanz e Baltasar Patiño
Intérpretes: Miguel Torres e Carlos Hermida
Concepto, iluminación, espazo escénico e vídeo manipulado: Baltasar Patiño
Deseño de instrumentos: Nacho Sanz e Baltasar Patiño
Colección de sintetizadores: Nacho Sanz
Fotografía e vídeo: Grismedio e Jacobo Bugarín
Vestiario: Naftalina e Matarile Teatro
Produción executiva: Manu Lago
Dirección: Ana Vallés e Baltasar Patiño
Produción: Matarile Teatro
Colaboran: FITO, Alt Vigo, Concello das Pontes, Concello da Coruña, Centro Sociocultural Santa Marta, Concello de Santiago, Berrobambán, Cine Alovi de As Pontes, RTA.


SINOPSE
A orixe de Homes Bisagra parte dunha proposta de Baltasar Patiño ao percusionista Nacho Sanz para traballar xuntos, hai agora catro anos.
Unha proposta escénica híbrida que se achega máis á idea de concerto que á de representación teatral.
O espazo sonoro e as atmosferas de luz son as que suxiren, evocan e producen situacións, compartindo a escena coa presenza dos corpos.
Catro homes no escenario, nun espazo cambiante, transformado continuamente pola mestura e as conexións entre o que se é e o que se escoita, entre o que se percibe e o que pasa inadvertido.
A música e o ambiente de son están xerados en directo por unha colección de sintetizadores históricos da primeira época da composición da música electrónica.
A bisagra, por definición, serve de punto de unión e ao mesmo tempo permite a articulación: o movemento, a apertura, o transitar. E posibilita desmontar cousas e montalas.

A compañía
Matarile Teatro, fundada en 1986, é unha das formacións galegas máis internacionais e galardoadas. Na actualidade é residente na Sala de teatro Roberto Vidal Bolaño, Auditorio da Universidade de Santiago de Compostela.

www.matarileteatro.net