xo
ve
sa
do
ma
me
xo
ve
sa
do
me
xo
ve
sa

SÁBADO 11

20’30 Antiga Capela do Campus Universitario
COMPAÑÍA: Matarile Teatro
PROCEDENCIA: Galicia
ESPECTÁCULO: Teatro invisible
DURACIÓN: 60 min.

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Creación e interpretación: Ana Vallés
Espazo, iluminación e son: Baltasar Patiño
Textos: Ana Vallés
Outros textos: Javier Martínez Alejandre
Citas: Didi-Huberman, Gilles Deleuze, Passolini, Tadeusz Kantor
Outras presenzas: Kazuo Ohno, Jane Alexander, Sara Molina, Melville, Chavela Vargas
Axudante de dirección: Baltasar Patiño
Asistente de dirección: Daniel Baamonde
Fotografía: Jacobo Bugarín
Vídeo: Manu Lago
Deseño gráfico e web: Baltasar Patiño
Produce: Matarile Teatro
Distribución: Matarile Teatro


SINOPSE
Teatro invisible é un espectáculo-conferencia teatral de Ana Vallés.

En decembro de 2012 a ESAD convidou a Ana Vallés a un encontro con alumnos de dirección sobre as formas teatrais de Matarile. Este encontro concretouse nunha conferencia de aparencia teatral que deu lugar a un coloquio, e a partir desta experiencia decídese desenvolver Teatro Invisible, onde se mostran as principais claves do teatro de Ana e Matarile. “Lin nun artigo dun xornal que en 1571, aos 38 anos, amolado das obrigacións e das vaidades da vida pública, o señor de Montaigne tomou a decisión de retirarse a coidar da súa casa e a ler os libros da súa biblioteca. E aferreime a este precedente, libre xa de todo remordemento ou, mellor aínda, da sombra do arrepentimento”.

A compañía
Matarile Teatro, fundada en 1986, é unha das formacións galegas máis internacionais e galardoadas. Na actualidade é residente na Sala de teatro Roberto Vidal Bolaño, Auditorio da Universidade de Santiago de Compostela.


www.matarileteatro.net