xo
ve
sa
do
ma
me
xo
ve
sa
do
me
xo
ve
sa

DOMINGO 12

20’30 Auditorio Municipal
COMPAÑÍA: Tshock Cultura Emocional
PROCEDENCIA: Baleares
ESPECTÁCULO: Parasceve
DURACIÓN: 70 min.

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Autor: Blai Bonet
Dirección: Jeroni G. Obrador
Intérpretes: Marta Barceló, Guillem Juaneda e David Pérez Miró
Voces: Xavier Núñez e Jeroni Obrador
Música: Pep Burguera
Escenografía: Catalina Obrador
Vestiario: Inès Colom
Son e iluminación: Joan Vidal
Axudante de produción: Isabel María Galmés
Produción: TSHOCK


SINOPSE
Narra a historia da familia Skiud, facendo un retrato perfecto da psicoloxía familiar en tempos de guerra. Unha historia que afonda no individuo, conseguindo manter a empatía con todo tipo de espectadores. Traspasa as barreiras do local convertendo en universal a súa mensaxe a través da psicoloxía do individuo. É unha mensaxe atemporal e fóra do espazo, irmandándonos a todos fronte á guerra.
Trátase dunha obra que fai un retrato das persoas, das familias, das sociedades reprimidas polos condicionantes dunha guerra, onde o autor faise universal ao escoller a uns protagonistas non políticos, xa que o que conta é a súa historia familiar dende o punto de vista emocional. Unha obra fresca polo resultado, unha dramaturxia universal pola grande crítica social á falta de humanidade, a falta que nos condena á supervivencia máis básica, que non nos deixa indiferente.

A compañía
Tshock nace en 2011 co ánimo de mostrar o teatro como arte creadora de valores a través da súa vivencia, así como a revisión do uso da técnica de interpretación, as súas destrezas emocionais e sociais. A autoxestión emocional a través do teatro é o obxectivo. Polo que a investigación fíxase como campo obrigado para os seus profesionais, como ruta a seguir, para conseguir novas formas de observación e explicar a socioloxía e psicoloxía humanas a través do teatro e a emoción. Este proxecto, Parasceve, intérnase na saúde mental da man dun director, actor e dramaturgo novo, especializado en teatroterapia polo Instituto Superior de Estudos Psicolóxicos.


tshockculturaemocional.blogspot.com.es