xo
ve
sa
do
ma
me
xo
ve
sa
do
me
xo
ve
sa

MÉRCORES 15

20’30 TEATRO PRINCIPAL
COMPAÑÍA: Aporía
PROCEDENCIA: Galicia
ESPECTÁCULO: 30 e tantos ósos
DURACIÓN: 70 min.

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Espectáculo realizado a partir de textos e materiais de creación colectiva
Dirección e dramaturxia: Diana Mera
Interpretación: Teté García, Merche Pérez, María Roja e Diana Mera
Espazo escénico e iluminación: Diego Valeiras
Música en directo para piano: Teté García
Gravación e edición de vídeo: Pablo Pintor
Fotografía: César Carballo
Fotografía cartel: Miguel Vidal
Deseño gráfico: María Roja
Agradecementos: Dani Salgado, Óscar Codesido e Miguel Vidal


SINOPSE
30 e tantos ósos é unha viaxe de catro mulleres de trinta e tantos anos que, cansas de vivir agochadas detrás das paredes, adoptando condutas alleas, deciden transcender a pel e a carne a través da figura mítica da Loba; para chegar aos seus ósos, á materia máis elemental, onde se inscribe a súa historia persoal e colectiva, atopándose, desterrado, o seu potencial máis vital e salvaxe.
Trátase de volver a mirada atrás, ao faiado (como Kantor volvía á súa clase da infancia), ese lugar onde se perde a noción do tempo pola encrucillada de épocas e xeracións que o constrúen, e se amorean os obxectos de toda unha vida ateigados de lembranzas para, unha vez alí, observalos, removelos, quitarlles o po, confrontarse con eles e pedirlles que falen daquilo que viviron e presenciaron, que nos digan a verdade con crueza, dende o silencio no que habitan, para provocar unha catarse que nos conduza do fondo á superficie e que nos manteña espertas, dispostas, preparadas para a loita que é sempre eterna.

A compañía
A nosa proposta, encadrada no paradigma posdramático, está baseada na hibridación de tipoloxías escénicas que van dende a performance, a danza, empregando o xogo, o humor e a poesía.