xo
ve
sa
do
ma
me
xo
ve
sa
do
me
xo
ve
sa

XOVES 16

20’30 Teatro Principal
COMPAÑÍA: Chévere
PROCEDENCIA: Galicia
ESPECTÁCULO: Ultranoite no país dos ananos
DURACIÓN: 90 min.

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Textos e letras cancións: Manuel Cortés
Dirección: Chévere
Intérpretes: Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Mónica García, Arantza Villar, César Goldi, Xron, Xacobe Martínez Antelo, Max Gómez e Manuel Cebrián
Música orixinal: Xacobe Martínez Antelo
Escenografía, roupas: Carlos Alonso
Iluminación: Fidel Vázquez
Son: Xurxo Pinheiro
Deseño gráfico: Fausto Isorna
Comunicación: Xana García
Fotografía: Matteo Bertolino
Produción: Patricia de Lorenzo e Xesús Ron
Producido co apoio de Agadic e Concello de Teo


SINOPSE
Ultranoite no País dos Ananos (un cabaré nihilista ou un musical sobre a derrota)
O País dos Ananos é unha viaxe retranqueira que facemos a través da Ultranoite ao tempo e ao lugar que nos tocou vivir. Podémolo chamar Galicia se queremos. Un lugar definido polo dispendio do presente, o cinismo das clases dirixentes e a fin da esperanza nun futuro mellor. Para retratar esta terra humillada polo asfalto servímonos da compañía de dous autores emparentados polo seu mal humor e un lirismo tan afiado como insultante: Jonathan Swift e Celso Emilio Ferreiro. Diante deles nós somos simples aprendices. Pero somos honestos, non nos gusta nada como se fixeron as cousas, estamos convencidos de que se poderían facer mellor de calquera outra maneira só cun chisco de xenerosidade e honradez e, tal e como están as cousas, non confiamos en absoluto que isto teña amaño. Só un cheiro satírico pode facer respirable unha democracia tan fedorenta.
Esta Ultranoite no País dos Ananos ten un estómago e un corazón. Co estómago na man fixemos uns sketches inzados de tópicos, contos e lugares comúns para ceibar unhas risas cómplices. A corazón aberto ofrecemos unha presa de músicas e cancións sen lugar para esperanza, pero dun lirismo, unha beleza e unha contundencia incomprensiblemente arrebatadoras.

As ultranoites:
En xaneiro de 1993 empezaron a facerse as Ultranoites na Nasa, ao mesmo tempo que a Xunta de Galicia inventaba un alter ego para incorporar ao futuro, o Xacobeo, navegando sobre a marea de subvencións que chegaban da Unión Europea. A Galicia xacobea e a Ultranoite medraron en paralelo sen cruzar nunca os seus camiños. Por unha chegaron cartos ao chou para pagar autovías, alta velocidade, polígonos industriais, paseos marítimos, portos exteriores, auditorios, paparotas, fundacións e mesmo unha Cidade da Cultura que permanece en ruínas como símbolo dun país de ananos que quixo ser xigante. Mentres, a Ultranoite mergullouse en canles subterráneas para ofrecer un reflexo crítico, falcatrueiro e perralleiro desa realidade tan aparente pero tan oca.
Agora, 20 anos despois, facemos unha paradiña no camiño da Ultranoite para botar a vista atrás con tanta inxenuidade como amargura e certificar musicalmente sobre o escenario a nosa derrota. Galicia segue imparable na súa perda de identidade. E a Ultranoite desborda personalidade.


redenasa.tv/gl/pais-dos-ananos/