xo
ve
sa
do
ma
me
xo
ve
sa
do
me
xo
ve
sa

VENRES 17

20’30 Teatro Principal
COMPAÑÍA: Voadora
PROCEDENCIA: Galicia
ESPECTÁCULO: A tempestade
DURACIÓN: 120 min.

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Tradución: Manuel Cortés
Adaptación: Fernando Epelde e Voadora
Dirección: Marta Pazos
Intérpretes: Hugo Torres, Guillermo Weickert, Fernando Epelde, Diego Anido, Sergio Zearreta, Borja Fernández, Olalla Tesouro, Iván Marcos e Jose Díaz
Música orixinal: Jose Díaz e Hugo Torres
Deseño de luces: José Álvaro Correia
Vídeo: Gael Herrera
Deseño de escenografía: Ana Luena
Deseño de vestiario: Uxía P. Vaello
Peiteados e maquillaxe: Fany Bello
Produción: Jose Díaz
Distribución: Cecilia Carballido
Un espectáculo de VOADORA, en coprodución co Centro Cultural Vila Flor (Portugal), Centro Dramático Galego (Galicia), Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia (Galicia), Teatro de Cerca (Portugal) e Teatro Bruto (Portugal).


SINOPSE
Próspero, duque de Milán, inmerso nos seus estudos, é traizoado polo seu irmán Antonio, quen o expulsa nun golpe de estado e abandónao no mar á súa sorte, xunto á súa pequena filla Miranda. A familia desembarca nunha illa deserta onde vivirán entre monstros e espíritos. Doce anos despois, o azar fai que os traidores naveguen cerca da illa. A obra comeza precisamente aquí, cando Próspero provoca unha tempestade que arrastrará ós seus inimigos á illa. A maxia de Próspero obriga aos personaxes a unha autorrevelación.
Como os personaxes de A Tempestade atopámonos neste momento perdidos na illa. Camiñamos con ilusión e forza cara ao descoñecido. Podemos prometer que será unha posta en escena intensa. Un espectáculo moi físico, moi plástico. Unha marusía de amor penetrante, traizón encarnizada e comedia hilarante. Non se admiten brisas mornas. Acaso pequenas apneas para coller ar, para apreciar a ironía sofisticada do texto.
A Tempestade é o último texto escrito por Shakespeare, a suma da súa arte e de toda a súa experiencia teatral. Unha tensa obra experimental sobre a exploración do perdón, a familia, o final do traballo, o final da enerxía. Embárcome con toda a miña tripulación nun mar bravo de ondas extremas. Imos directamente ao epicentro da tempestade co vento na cara e rindo a mandíbula batente. Vémonos na praia, (Marta Pazos, directora).

A compañía
Voadora é unha estrutura con sede en Santiago de Compostela pero o seu espírito nómade e o seu afán de colaboración con outros artistas levouna a desenvolver sempre os seus proxectos e residencias artísticas entre Portugal e España.
O seus traballos de investigación en creación contemporánea caracterízanse por un importante compoñente musical, estético, sorprendente e evocador. A partir da música ao vivo, a imaxinación, a ironía e o movemento, Voadora constrúe unha linguaxe moi persoal que foxe do argumental para mostrarnos que existe unha trama das sensacións, dos espazos e das emocións.

Premios
Recibe en 2013 o Premio da Crítica de Galicia na modalidade de Artes Escénicas e Audiovisuais.


ciavoadora.wordpress.com/2013/12/01/a-tempestade-2/