xo
ve
sa
do
ma
me
xo
ve
sa
do
me
xo
ve
sa

XOVES 2

20’30 Auditorio Municipal
COMPAÑÍA: Choni Compañía Flamenca
PROCEDENCIA: Andalucía
ESPECTÁCULO: La gloria de mi mare
DURACIÓN: 1 h. 40 min.

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Dirección: Estrella Távora
Colaboración coreográfica: Manuel Cañadas
Intérpretes: Asunción Pérez “Choni”, Juanjo Macías, Alicia Acuña e Raúl Cantizano
Coordinación técnica e iluminación: Nacho Sánchez. Buenaventura Producciones
Soporte audiovisual e fotografía: Félix Vázquez (4i40)
Deseño gráfico: David Alfaro / María García Márquez
Rexedor e maquinista: Luis Almagro
Escenografía: Antoni Godoy
Vestiario: Rosalía Zahino, Salao, Felisa García
Tocados/Complementos: Encarna Solá, Angie Paz
Produción Executiva: María Velasco


SINOPSE
Gloria é a nai dunha artista (bailaora) á que xa se lle recoñece no mundo do espectáculo. Pola época na que lle tocou vivir, Gloria non puido dedicarse ao espectáculo que é o que lle tería gustado, pero goza acompañando e axudando á súa filla.

Nesta divertida obra poranse de manifesto moitas das típicas situacións que se dan entre unha artista e a súa nai. Este espectáculo inspírase na cultura do café-cantante, mesturando o humor, o cante e o baile flamenco máis tradicional, a copla, a ironía e, como non, a improvisación.

Unha homenaxe á nai da artista. A todas as nais. A todas as artistas.

A compañía
Asunción Pérez “Choni”. Bailaora e coreógrafa. O seu baile, prototipo da Escola Sevillana, caracterízase pola elegancia, a feminidade, a graza, o dominio de brazos, mans e pés e a desenvoltura e mestría no manexo da bata de cola. A súa intensa traxectoria profesional levouna a participar en proxectos de diferente índole como a película Sevillanas (Carlos Saura, 1991), os espectáculos De Cádiz a Cuba (Mario Maya, 1998), Romancero gitano (Pilar Távora, 2002), A cuatro voces e El huso de la memoria (Eva Yerbabuena, 2004 e 2006).

La Gloria de mi mare é a última produción de Choni Compañía Flamenca, e dende a súa estrea na XVI Bienal de Flamenco de Sevilla, non deixou de recoller éxitos de público e foi galardoada con dous premios na edición 2011 de Escenarios de Sevilla.

Premios
Premios escenarios de Sevilla 2011 (mellor espectáculo e mellor interpretación masculina); Festival de teatro de Chiclana 2011 (premio do público).

www.choniciaflamenca.es