xo
ve
sa
do
ma
me
xo
ve
sa
do
me
xo
ve
sa

VENRES 3

20’30 Auditorio MUNICIPAL
COMPAÑÍA: Patrice Thibaud
PROCEDENCIA: Francia
ESPECTÁCULO: Fair Play
DURACIÓN: 1 h. 20 min.

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Intérprete: Patrice Thibaud
Músico: Philippe Leygnac
Dramaturxia e asistente de posta en escena: Marie Duret-Pujol
Iluminación: Charlotte Dubail
Vestiario: Isabelle Beaudouin
Técnico de iluminación: Aurélien Amsellem
Técnico de escenario: Hervé Triquet


SINOPSE
Disparatada inmersión no mundo do deporte. Thibaud diríxese a si mesmo e ao seu acólito Philippe Leygnac. O dúo cómico mergúllase con deleite no mundo do deporte.
Sen mediar palabra, os dous homes transforman sucesivamente o escenario en ring, pista para bicicletas ou campo de fútbol. As situacións cómicas son inesperadas e a miúdo toman ao espectador por sorpresa. Esta parella de actor e músico pasa de heroes dos estadios a perdedores tráxicos, condúcenos polos campos de deporte e converte aos seus apaixonados fans en seguidores, abraiados polas xogadas e demais debilidades do seu ídolo. En calquera caso, polo que respecta á risa, ambos homes teñen un lugar asegurado no podio. Durante hora e media, deporte e teatro confúndense. A adrenalina sobe entre bastidores e mentres non soe o chifre anunciando o final, todo pode ocorrer. Como ocorría co inigualable Chaplin, nin unha soa palabra apoia a montaxe: todo é visual, próximo ao burlesco.
A sucesión de clixés sobre o particular mundo do deporte que conforma este espectáculo mudo é unha oportunidade para rir, o que nestes tempos grises sempre é de agradecer.

Patrice Thibaud é posiblemente o mellor cómico do mundo. Abordou diferentes estilos teatrais, co empeño de crear unha marca propia de poesía escénica, á vez humorística e profunda. En Fair Play é posible atopar referencias a Jacques Tati ou Chaplin. Patrice Thibaud e Philippe Leygnac conseguiron a súa consagración internacional, facendo rir ás gargalladas a grandes e pequenos.


www.patricethibaud.com