xo
ve
sa
do
ma
me
xo
ve
sa
do
me
xo
ve
sa

SÁBADO 4

20’30 Auditorio MUNICIPAL
COMPAÑÍA: Compañía de Danza Fernando Hurtado
PROCEDENCIA: Andalucía
ESPECTÁCULO: Charlie
DURACIÓN: 65 min.

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Dirección: Fernando Hurtado
Coreografía: Fernando Hurtado e Compañía de Danza Fernando Hurtado
Asistente de dirección: Vanessa López
Asistente de dramaturxia: Rocío Calvo
Intérpretes: Inma Montalvo, Nuria Estébanez, Sergio Moya, Pablo Lomba e Fernando Hurtado
Música: Collage sobre bandas sonoras de filmes de Charles Chaplin, Chopin, Vivaldi, Henri Torge, Serge Houpine, Brahms, Fernando Domingo
Deseño iluminación: Patricia Gea
Espazo escénico: Fernando Hurtado
Vestiario: Adaptación Compañía Fernando Hurtado sobre deseños dos filmes de Charles Chaplin
Maquillaxe: Rebeca Gómez
Edición musical: Pablo Lomba
Masterización: Ricardo Jiménez
Proxección: Azael Ferrer
Vídeo: Ricardo Bajo
Fotografía: Lily Oliva, Alejandro Herrera e Antonio Rojas
Produción: Compañía Fernando Hurtado (Pablo Lomba)
Distribución: Elena Millán


SINOPSE
Charles Spencer Chaplin naceu en Londres o 16 de abril de 1889. O seu pai era un cantante versátil e actor, e a súa nai unha atractiva actriz e cantante, que ganou unha reputación polo seu traballo no campo da ópera lixeira. Charlie foi guindado cos seus propios recursos antes de chegar á idade de dez anos, coa temperá morte do seu pai e a subseguinte enfermidade da súa nai, o que lles obrigou a el e ao seu irmán, Sidney, a valerse por si mesmos.
A Compañía de Danza Fernando Hurtado non pretende outra cousa que volver unha mirada ao pasado e recordar, que incluso cuns pantalóns rotos e algo grandes, incluso sen nada nos petos, con pouca sorte na vida, sen ninguén cerca de ti, pero iso si, con moita vontade, grande disposición do noso ser e a nosa "integridade"... nada está perdido.

A compañía
Foi no ano 2000 cando se crea a “Compañía de Danza Fernando Hurtado”, nacida do traballo diario. Dende esa data, conseguiron que teña un oco e un nome no panorama nacional. En 2006 Fernando Hurtado decidiu comezar un coidadoso proceso de internacionalización co obxectivo de buscar novos mercados e lugares de exhibición, o que permitiu á compañía viaxar por Centroamérica e diferentes países de Oriente e África.

Premios
Premio ao Mellor Espectáculo de Danza FETEN 2012, Premio do Público Sala Ruzzafa de Valencia 2013, Finalista aos Premios MAX, Mellor Espectáculo Infantil 2014.


www.ciafernandohurtado.com