xo
ve
sa
do
ma
me
xo
ve
sa
do
me
xo
ve
sa

DOMINGO 5

19’00 Teatro Principal
COMPAÑÍA: Viaje Inmóvil
PROCEDENCIA: Chile - Francia
ESPECTÁCULO: Otelo
DURACIÓN: 75 min.

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Adaptación e dirección: Tita Iacobelli, Jaime Lorca e Christian Ortega
Intérpretes: Tita Iacobelli e Jaime Lorca
Iluminación: Tito Velásquez
Son: Gonzalo Aylwin
Música: Juan Salinas
Vestiario: Loreto Monsalve
Produción: Viajeinmóvil


SINOPSE
Espectáculo baseado no clásico de William Shakespeare, creado e especialmente adaptado para dous actores, monicreques e obxectos, todos fusionados entre si, onde os bonecos actúan o que os actores non poden facer, acción que busca potenciar a posta en escena, facéndoa moi atraínte e potente para o espectador/a.

“Falade de min como alguén que amou demasiado, alguén que por celos, quedou preso da loucura”, di Otelo ao final da peza. A mesma desculpa pódese apreciar na maioría dos diarios sensacionalistas da nosa época, pero a verdade é que cando un home mata a unha muller, é para exercer poder sobre ela, tratando de controlar e posuír o seu corpo e a súa alma. (Cisneros, Unesco 2005).
Con esta premisa, Jaime Lorca desenvolveu durante 2011, un obradoiro no Instituto Internacional do Monicreque Charleville de Francia, e quedou convencido de que o teatro da Materialidade era o soporte perfecto para propor unha nova mirada do clásico Shakesperiano. Intentando recobrar o carácter popular que a obra tivo nas súas orixes (Teatro The Globe 1604), a compañía Viaje Inmóvil sorpréndenos cunha montaxe delirante, que mestura seres humanos e monicreques, realidade con fantasía, o humor e a traxedia, o antigo e o contemporáneo.

A compañía
Despois de dezaoito anos e oito espectáculos na sede de La Troppa, Jaime Lorca decide emprender unha nova aventura e crea a Compañía Viaje Inmóvil coa que estrea Gulliver o 23 de marzo de 2006, que foi vista por máis de 100.000 persoas en Chile, Francia, Bélxica, España, Portugal, Brasil… Recibiu o Premio á mellor obra 2006 do Círculo de Críticos de Valparaíso e o Premio do Público no Festival de Almada-Portugal no ano 2007. A súa última creación Chef estreouse en Chile en 2010 e en 2011 inicia a súa xira europea, incluída nesa xira estiveron no 4º FITO. Agora presentan Otelo para delicia do público.


www.viajeinmovil.cl