xo
ve
sa
do
ma
me
xo
ve
sa
do
me
xo
ve
sa

MARTES 7

20’30 Salón Emilia Pardo Bazán, Ed. de Facultades-Campus Universitario
COMPAÑÍA: Teatro da Didascália
PROCEDENCIA: Portugal
ESPECTÁCULO: One man alone
DURACIÓN: 60 min.

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Creación, interpretación e escenografía: Bruno Martins
Dirección: Sérgio Agostinho
Figurinos: Joaquim Azevedo
Deseño de luz e son: Bruno Martins e Valter Alves
Deseño gráfico: Beastly Beast
Fotografía: Tiago Braga
Produción executiva: Cláudia Berkeley
Coprodución Teatro da Didascália e Casa das Artes de Famalicão


SINOPSE
One man alone é un espectáculo dun só, literalmente só. Sen interlocutor, nin técnico de luz nin son, o actor vese así obrigado a proseguir o seu espectáculo interpretando e operando ao mesmo tempo a propia luz que o ilumina e a música que acompaña á obra.
Todo acontece nunha panadería, naquelas horas da noite nas que o panadeiro fai pan e o resto do mundo soña con el. A acción desenvólvese a través do xogo entre o panadeiro rodeado por barras, boroas de millo, os seus instrumentos de traballo e os soños que o fan viaxar polo universo da imaxinación e o catapultan para un mundo só, a altas horas da noite, e que o acompañan no amasar do pan. Tal vez por unha necesidade de fuxida, el soñe esperto. Tal vez sexa ese o fermento que fai medrar o seu pan.
Todo o espectáculo aséntase no virtuoso xogo físico do actor, na capacidade de se multiplicar en varios personaxes, nas varias funcións do seu oficio, e na súa capacidade de sorprender a través dun espectáculo onde a maxia é aliada da simplicidade.

O espectáculo é dalgún xeito unha metáfora do papel e da importancia do artista na sociedade. Vivimos tempos austeros nos que a arte é a primeira en sufrir os cortes cegos dunha política económica de desinvestimento na cultura. Os artistas, os máis afectados por esas políticas, obrigados a vaguear como saltimbanquis a cambio dunhas “migallas” que lles permitan sobrevivir e prestar un servizo público.

A compañía
Teatro da Didascália fúndase en 2008 e ten como principal actividade a creación teatral, perseguindo unha política de investigación estética e innovadora no panorama teatral portugués.
Utiliza o corpo como ferramenta experimental que dá lugar á creación dunha dramaturxia e linguaxe orixinais, investindo nunha escrita teatral atraínte e universal.
Procura que o traballo estea atento e próximo do mundo actual, promovendo a produción de novas dramaturxias capaces de dar resposta ás esixencias do público contemporáneo. Por outro lado, está interesada en preservar aquilo que é a memoria colectiva e a herdanza cultural, que serve de referencia e inspiración para o seu traballo creativo.


www.teatrodadidascalia.com