xo
ve
sa
do
ma
me
xo
ve
sa
do
me
xo
ve
sa

MÉRCORES 8

20’30 AUDITORIO MUNICIPAL
COMPAÑÍA: The Funamviolistas
PROCEDENCIA: Andalucía
ESPECTÁCULO: The Funamviolistas
DURACIÓN: 75 min.

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Dirección: Rafael Ruiz
Intérpretes: Ana Hernández, Mayte Olmedilla e Lila Horovitz
Produción: The Funamviolistas
Deseño de vestiario: Maite Agorreta e Natalia Alonso
Deseño de escenografía: Marcos Carazo Acero
Deseño de iluminación: Nuria Herníquez e Miguel Ruz Velasco
Deseño de son: Sergio Casanova e Enrique González


SINOPSE
Nunha praza calquera, atópanse casualmente tres mulleres cun presente truncado. Este cruce do destino cambiará as súas vidas inevitablemente e axiña estes tres curiosos personaxes construirán unha vida en común, coas súas alegrías, os seus encontros fracasados, os seus soños e esperanzas. A amizade, a superación e o cotián son o fío co que se tece esta historia entrañable e conmovedora, narrada polas tres intérpretes a través dunha insólita e excepcional combinación de música, danza, canto, humor e teatro xestual, sen necesidade do uso da palabra.
Isto converte a THE FUNAMVIOLISTAS nun espectáculo innovador e único no mundo, que consegue combinar con fina beleza e orixinalidade un incrible abano de disciplinas artísticas, creando unha fusión acrobática, case máxica, que atrapa ao espectador dende o inicio, emocionando e divertindo.
O repertorio da obra é á vez banda sonora e voz dos personaxes desta historia, fórmula que nos traslada pola súa nostalxia e magnetismo estético, ás películas de cine mudo.
Un paseo polas emocións do ser humano que combina con frescura obras de Antonio Vivaldi, Edvard Grieg, Jules Massenet, Georges Bizet, Astor Piazzolla, Rita Pavone, bandas sonoras como “Deseando amar", "Les Triplettes de Belleville" e temas clásicos do jazz e o tango arxentino.

A compañía
Ana Hernández, Mayte Olmedilla e Lila Horovitz encarnan a The Funamviolistas, tres artistas integrais que apostan por trascender os seus propios límites e interpretar dende o teatro xestual, o humor, a danza, o canto e a poesía visual para non deixar indiferente a ninguén. The Funamviolistas sorprende, emociona e divirte a todos os públicos, grazas á unión de dous idiomas atemporais e universais: a música e o teatro do xesto.

Premios
Premio Talent Madrid 2013 ao Mellor Espectáculo Musical. Premio ao Mellor Espectáculo de Sala na XVI Feira de Teatro de Castela e León. Premio Max como Mellor Espectáculo Revelación.


www.thefunamviolistas.com