xo
ve
sa
do
ma
me
xo
ve
sa
do
me
xo
ve
sa

XOVES 9

20’30 TEATRO PRINCIPAL
COMPAÑÍA: Titzina Teatro
PROCEDENCIA: Cataluña
ESPECTÁCULO: Distancia 7 minutos
DURACIÓN: 1h. 30 min

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Dramaturxia e dirección: Diego Lorca e Pako Merino
Intérpretes: Diego Lorca e Pako Merino
Dirección técnica: Albert Anglada
Deseño de son: Jonatan Bernabeu
Deseño de escenografía: Jordi Soler i Prim
Deseño de iluminación: Miguel Muñoz
Administración: Ángela Rodríguez
Fotografía: Fernando Moleres


SINOPSE
"Unha disección cirúrxica das relacións humanas".
Coincidindo co envío e aterraxe do robot espacial Curiosity, Félix, un xuíz mozo, vese obrigado a abandonar a súa casa, afectada por unha praga de térmites, e instalarse durante uns días no seu antigo domicilio familiar. Os interrogatorios nos xulgados, así como a convivencia co seu pai, sacarán a relucir temas fundamentais, como a xustiza, o destino e as fontes da felicidade.
“Lorca e Merino póñense ante a felicidade dun xeito dinámico, poético e cun estilo traxicómico, para falar de persoas que buscan resolver conflitos con outras persoas”. (Carlos Gil Zamora, Artez)

A compañía
Titzina Teatro dá nome a unha compañía fundada por Diego Lorca e Pako Merino. Despois de atoparse en 1999 na Escola Internacional de Teatro Jacques Lecoq en París, en 2001 comezan a traballar xuntos. Durante os doce anos seguintes, producen tres espectáculos con éxito de crítica e público, Folie a deux | Sueños de psiquiátrico (2002), Entrañas (2005), Exitus (2009). As súas obras están editadas e Folie a Deux| Sueños de psiquiátrico adaptada ao cine. Ao longo de todo este tempo, Titzina consolidouse como unha compañía de teatro de creación cun marcado estilo propio, que algúns definen como “Selo Titzina”.


www.titzinateatro.com