ve
sa
do
ma
me
xo
ve
sa
do
lu

SÁBADO 10

20’30 AUDITORIO MUNIcipal
COMPAÑÍA: HONGARESA
PROCEDENCIA: VALENCIA
ESPECTÁCULO: Serenata para un país sin serenos
DURACIÓN: 75 min.

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Autores: Lluïsa Cunillé e Paco Zarzoso
Dirección: Paco Zarzoso
Intérpretes: Lola López, Àngel Figols e Teresa Alamá
Axudante de dirección: Víctor Sánchez Rodríguez
Deseño de son: José Alamá e Jesús Salvador “Chapi”
Deseño de escenografía e iluminación: Damián Gonçalves
Vestiario: Josán Carbonell
Produción: Hongaresa


SINOPSE
No funeral do presidente do equipo de primeira división, o Rápid Sport Club, morto de forma violenta despois dunha malleira duns descoñecidos, a súa segunda muller e o fillo do seu primeiro matrimonio reciben, nunha das estancias VIP do estadio, as visitas de distintas persoas relacionadas co defunto.
“Serenata para un país sin serenos. Tragicomedia para actores y violoncello” utiliza ese grande espectáculo de masas que é o fútbol como pano de fondo onde se proxecta o máis íntimo e minoritario espectáculo da vida privada dos personaxes.

A compañía
A Compañía Hongaresa, que cumpre vinte anos de carreira, foi fundada por Lluïsa Cunillé, Lola López e Paco Zarzoso. Estreou  vinte e cinco pezas que se representaron en teatros como Teatro Lliure de Barcelona, Sala Valle Inclán do CDN de Madrid, Curral de Comedias de Alcalá, Sala Beckett de Barcelona… Realizou xiras internacionais por Arxentina, Chile, Uruguai e Colombia. Durante todos estes anos, a compañía cumpriu o reto de que cada produción fose a estrea dun novo texto, ben sexa dos autores da compañía ou de outros. En cada nova proposta, tanto textual como escénica, latexa o intento de explorar novos campos teatrais. Hongaresa estivo na 3ª edición do FITO.

“Serenata para un país sin serenos” é dun enorme simbolismo a medio camiño entre cinco horas con Mario e unha obra de Bernhard”.
La Vanguardia. Eduard Moliner.

PREMIOS
Hongaresa levou, entre outros, o Premio Marqués de Bradomín 1997 e o Premi Abril 2007 á Mellor Empresa Produtora.

www.hongaresa.es

 

 

SÁBADO 10

23'00 ANTIGA CAPELA DO CAMPUS UNIVERSITARIO
COMPAÑÍA: Matarile
PROCEDENCIA: Galicia
ESPECTÁCULO: El cuello de la jirafa
DURACIÓN: 90 min.

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Autoría, dirección e creación: Ana Vallés
Textos: Ana Vallés e Enrique Gavilán
Outros textos: Óscar Codesido, Mónica García e María Roja
Intérpretes: Óscar Codesido, Mónica García, Enrique Gavilán, Baltasar Patiño, María Roja e Ana Vallés
Iluminación, son e espazo: Baltasar Patiño
Coreografías: Mónica García
Auxiliar de dirección: Diana Mera
Vídeo e fotografía: Rubén Vilanova e Grismedio Studio
Imaxe cartel: María Roja
Produción: Manu Lago e Matarile Teatro
Colaboran: AGADIC, Xunta de Galicia – Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, USC
Colaboración especial: FITO e Alt Vigo

SINOPSE
Non teño fillos. Non teño pais. Ás veces son unha árbore. Podo ser un animal.
Sei que aí fóra, na horta, todo está medrando, madurecendo, secando o xerminado. Fascinante, en principio, pero se o penso ben, tamén un chisco aterrador este micro mundo… unha mostra do irremediable aburrimento producido polo continuo repetir cíclico das rutinas na natureza, no universo enteiro, nas nosas relacións, nas nosas vidas e costumes. Ata o infinito. Todo se repite ata o infinito. De forma mortal.
E volvemos ao tempo, inseparable das repeticións.
Unha figura en movemento, sombra. Prescindindo das flores.
Parecen flores no pelo, pero non o son.
A non permanencia supón a perda nuns segundos de algo que empregou moito tempo en construírse. Todo está cuberto  dunha capa da non permanencia. Un día de xullo soleado, unha muller fumando, o balbordo das tabernas. A sensación de que vai pasar unha banda.
Non podo parar, non podo determe.
En ocasións penso que a cada minuto todo se converte en pasado, e, porén, outras veces sinto que o pasado sempre volve e nunca se acaba. Queres un amorodo?
Ana Vallés

A compañía
Matarile Teatro, fundada en 1986, é unha das formacións galegas máis internacionais e galardoadas. Na actualidade é residente na Sala de teatro Roberto Vidal Bolaño, Auditorio da Universidade de Santiago de Compostela.

www.matarileteatro.net