ve
sa
do
ma
me
xo
ve
sa
do
lu

VENRES 2

19'00 RÚA DO PASEO
COMPAÑÍA: TRÉCOLA
PROCEDENCIA: GALICIA
ESPECTÁCULO: Menú ExquiFITO [ESTREA]
DURACIÓN: 60 min.

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Dirección: Trécola
Intérpretes: Uxía Pérez, Ledicia Álvarez, Alfonso Míguez e Tegra
Vestiario e produción: Trécola

SINOPSE
-Un menú do día para a mesa 8!!
-Onde está o pirixel?
-Neno, remexe a salsa que se vai pegar!
Un peculiar grupo de cociñeiros excéntricos, un pouco despistados pero moi atarefados, preparan un menú exquiFITO para todos os gustos.

A compañía
Trécola Teatro é un grupo de teatro afeccionado radicado na cidade de Ourense, nacido no ano 2004. Os seus integrantes son: María Díaz, Ledicia Álvarez, Uxía Pérez, Alfonso Míguez e Tegra.
A formación de todos eles comeza na Aula de Teatro Universitaria da Universidade de Vigo, Campus de Ourense -Maricastaña-, complementando esta con cursos de diversa índole ao longo de todos estes anos.
O traballo da compañía baséase en montaxes teatrais que abranguen distintos estilos e teñen como obxectivo a público moi diverso: dende teatro de actor para adultos e para público infantil a teatro de rúa, animacións teatrais, contacontos ou performances…

http://trecolateatro.blogspot.com.es

 

 

VENRES 2

20’30 AUDITORIO MUNICIPAL
COMPAÑÍA: LA VERONAL
PROCEDENCIA: CATALUNYA
ESPECTÁCULO: Islandia
DURACIÓN: 60 min.

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Dramaturxia e textos: Pablo Gisbert – El Conde de Torrefiel
Dirección: Marcos Morau
Coreografía: Marcos Morau en colaboración cos intérpretes
Intérpretes: Inma Asensio, Lorena Nogal, Sau-Ching Wong, Manuel Rodríguez, Tanya Beyeler, Carla Romero, Mònica Almirall e Nicolás Chevallier
Asistente de coreografía: Lorena Nogal
Espazo: North Howling
Deseño de iluminación: Enric Planas
Música: Diversos autores islandeses
Fotografía: Tristán Pérez-Martín
Vídeo: Edu Pérez
Vestiario:  Soffía Ósk Stefánsdóttir
Coa colaboración de Roberto Fratini, Devir-Capa centro de artes performativas do Algarve e El Graner espazo de creación.


SINOPSE
Islandia está acostumada ao cambio. Sabe o que é reinventarse. En Islandia case non hai árbores. Hai desertos, montañas e glaciares. A pesar de atoparse xusto por debaixo do Círculo Polar Ártico ten un clima morno, cunhas temperaturas que raramente baixan dos 3 graos baixo cero. Islandia é contraditoria, non é lóxica. Non podemos prexulgala.
Islandia propón unha análise sobre a relación existente entre significado e significante. Disociar a imaxe do significado condúcenos cara a unha nova verdade, condúcenos cara a Islandia.
Islandia é un proxecto de investigación escénica ao redor do valor da imaxe e o concepto de realidade, que intenta esbozar preguntas sobre a importancia da imaxe na nosa sociedade e a transcendencia das realidades que representa.

A compañía
Existe algo así como un “estilo Veronal”, se por estilo se entende unha certa maneira, unha certa textura, incluso unha certa temperatura. A elegancia específica de La Veronal é apuntar sempre a un certo nivel de cristalización, a unha certa capacidade de todos os signos (corpóreos, musicais, plásticos) de observarse entre si. Ver as pezas é coma uliscar carreiros escondidos baixo capas de nevadas.
La Veronal é Premio Nacional de Danza.

www.laveronal.com