ve
sa
do
ma
me
xo
ve
sa
do
lu

DOMINGO 4

13’00 CASCO VELLO
COMPAÑÍA: CAVALUNA
PROCEDENCIA: FRANCIA - PORTUGAL
ESPECTÁCULO: Candelita, Vecindarios
DURACIÓN: 60 min.

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Intérprete: Silvia Moreno Vicente
Parteira e Coach: Marie Giraud
Consellos artísticos: Nicolas Cornut
Fotógrafa: Susana Neves 
Unha coprodución: Cavaluna/Zorongo dentro do programa europeo ESMARK


SINOPSE
Unha nova veciña instálase na cidade: Candelita.
Candelita fai vida normal no barrio. Cada día, ela pasea, fai o seu camiño, senta nunha terraza para tomar un viño, vai á farmacia para mirar a tensión… participa nas actividades organizadas no barrio… queda cos seus veciños e veciñas para facer un paseo, para comer…
Candelita adora falar con alguén da vida. Pero sobre todo, ela escoita moito! Ela escoita porque non se fala cunha clown o que se falaría cos outros. Antes de marchar do barrio, Candelita organizará unha festa de despedida e toda a veciñanza estará convidada.
Candelita é un disparador de unión… un fío vivo que cose o de aquí co de acolá, o de onte co de mañá.


A compañía
Creada en 1998, Cavaluna é unha compañía de teatro composta por artistas de diferentes horizontes. O traballo artístico de Cavaluna desenvólvese sobre dous terreos: a creación de espectáculos e a realización de Crea-Accións (proxectos socio-culturais).
Ao longo dos anos o seu traballo evoluciona, e teñen experiencia en diferentes disciplinas e ferramentas artísticas: máscara, clown, teatro con e sen texto, teatro visual, pequenos e medianos formatos, teatro de rúa fixo, en movemento, con ou sen artificios. Pero hai buscas e convencementos que nos acompañan sempre: o teatro e a rúa.
Enche a rúa para tomar a liberdade de redescubrir e vivir de novo o espazo público. Enche a rúa para provocar o encontro entre cidadáns, calquera que sexa a idade, a súa orixe, a súa ideoloxía… Enche a rúa  para crear vínculos repartindo sorrisos, miradas, soños, unha conversa…


www.cavaluna.com

 

 

DOMINGO 4

19’00 TEATRO PRINCIPAL
COMPAÑÍA: LUCECÚS
PROCEDENCIA: GALICIA
ESPECTÁCULO: A órbita do lucecú [ESTREA]
DURACIÓN: 95 min.

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Dramaturxia: Lucecús Teatro baixo a coordinación de Santiago Cortegoso
Dirección: Santiago Cortegoso e Marián Bañobre
Intérpretes: Anxo Manoel Lamelo, Isa Herrero e Rubén Pérez
Produción: Lucecús Teatro
Vestiario: Marián Bañobre
Fotografía: Brian Rodríguez Cortiñas
Espazo sonoro: Panume
Deseño gráfico: Jorge Alba


SINOPSE
Tres compañeiros de piso orbitan compartindo espazo e soidade. A enerxía que conteñen no seu interior marcará os seus destinos. As cousas máis simples, ás veces, son as máis difíciles de conseguir, os seus esforzos pérdense na noite como o refulxir dun lucecú que titila ata esmorecer, cando non acada a resposta buscada.
A órbita do lucecú explora as relacións humanas nunha viaxe curiosa e divertida a través de Marte, Nikola Tesla e os lucecús.


A compañía
Para a realización deste proxecto teatral, a compañía apostou por un intenso traballo de documentación partindo de dous temas: a sociedade tecnolóxica e os novos xeitos de comunicarse. O proceso foinos levando a tres ideas que orbitaban ao seu redor: os lucecús, Nikola Tesla e o planeta vermello. Despois dese traballo de documentación, pasaron á exploración de diferentes situacións dos personaxes con moito xogo e improvisación, que fixo que esa idea inicial evolucionara cara a outras temáticas como a soidade, o amor, a procura, a reafirmación persoal, ata conseguir un texto e un espectáculo vivos, actuais e cheos de enerxía.

http://lucecusteatro.blogspot.com.es