ve
sa
do
ma
me
xo
ve
sa
do
lu

MARTES 6

20’30 AUDITORIO MUNIcipal
COMPAÑÍA: TEATRO DE LOS ANDES
PROCEDENCIA: BOLIVIA
ESPECTÁCULO: Mar
DURACIÓN: 90 min.

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Dramaturxia: creación colectiva de Teatro de los Andes e Arístides Vargas
Dirección: Arístides Vargas
Dirección de actores: María del Rosario Francés
Intérpretes: Lucas Achirico, Gonzalo Callejas e Alice Guimarães
Escenografía: Gonzalo Callejas
Vestiario: Alice Guimarães e Jacqueline Lafuente
Espazo sonoro: Lucas Achirico
Fotografía: Tiago Braga
Técnico de luz e son: Alejandro Bustamante
Produción: Giampaolo Nalli


SINOPSE
A nova obra de Teatro de los Andes parte do feito da Guerra do Pacífico e do que este feito representou para a sociedade de Bolivia. A obra pretende ser unha alegoría poética da perda do litoral e a ausencia - presenza “dun mar” no imaxinario, nas aspiracións e no cobro dunha débeda histórica.
Mar é unha obra relacionada coa ausencia, non é unha reconstrución histórica do que significou para Bolivia a perda do mar, que pola dimensión do acontecido sería imposible esgotala nunha obra de teatro. A realidade é o límite do teatro que pola súa natureza de ficción tira a poetizar máis que a dar respostas históricas.
Mar conta a historia de tres irmáns, que por mandato da súa nai moribunda deben levala dende as montañas, onde hipoteticamente viven, ata o mar. A nai pide que a aten a unha das portas da casa familiar, e unha vez no mar, que a abandonen nas ondas. A obra termina cunha pregunta, a restitución do mar perdido devolverá os mortos perdidos naquela guerra? Evidentemente non, o mar non se pode reclamar porque o mar non ten dono.

A compañía
O seu traballo caracterízase pola creación colectiva. Nos seus espectáculos busca reflexionar sobre o espazo escénico, sobre a arte do actor e a necesidade de contar historias, construíndo unha ponte entre a técnica teatral e as fontes culturais andinas, utilizando o encontro, o contacto e o diálogo como tarefa: levar o teatro onde están  as persoas, buscar un novo público para o teatro e crear un novo teatro para este público. Nos máis de vinte anos da súa existencia, o Teatro de los Andes produciu obras de teatro que levou a todos os recunchos de Bolivia.

Este proxecto é unha produción de Teatro de los Andes en colaboración co director e dramaturgo arxentino residente no Ecuador, Arístides Vargas, e o grupo ecuatoriano Malayerba.

www.teatrolosandes.com