ve
sa
do
ma
me
xo
ve
sa
do
lu

MÉRCORES 7

20’30 TEATRO PRINCIPAL
COMPAÑÍA: MATRIOSHKA TEATRO
PROCEDENCIA: GALICIA
ESPECTÁCULO: C'est la vie
DURACIÓN: 60 min.

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Texto: Matrioshka Teatro
Dirección e dramaturxia: Marta Pazos
Intérpretes: Anabell Gago, Lorena Conde e Chelo do Rejo
Deseño de vestiario e coreografía: Uxía P. Vaello
Xastra: Cloti Vaello
Escenografía e utensilios: Maraña
Maquillaxe e peiteados: Trini F. Silva
Deseño de iluminación e son: Javier Quintana
Fotografía: Inés Salvado
Realización e edición de vídeo: Emilio Carral
Deseño gráfico: Maraña
Produción: Matrioshka Teatro
Distribución: Culturactiva


SINOPSE
C’est la vie é a vida condensada. Unha reflexión intensa e calidoscópica sobre o tempo e os seus rastros. Matrioshka tende aquí fíos entre a sorpresa de recoñecerse nese segundo que nos cambia a vida e a excitación de comprender que as horas se aceleran proporcionalmente á velocidade do corazón.

Ensamblada peza a peza coma un delicado mecanismo de reloxería, aloumiñada ata o máis mínimo detalle para lograr que o espectador e espectadora se erga da butaca sentíndose tocado por unha brisa fresca e evocadora, C’est la vie ten o poder de arrastrar a quen a ve a un universo inesperado e fascinante.

A compañía
Matrioshka Teatro nace no momento no que Anabell Gago e Lorena Conde deciden emprender a aventura de montar unha compañía coa que poder trazar as liñas fundamentais para realizar o teatro que elas mesmas desexaban ver como espectadoras: pezas contemporáneas, valentes, fermosas, imaxinativas, poéticas, lúdicas e directas.
A esta aventura, arriscada e necesaria, fóronse sumando con entusiasmo persoas talentosas e inquedas da altura de Marta Pazos, Chelo do Rejo, Uxía P. Vaello, Javier Quintana, Inés Salvado, Cloti Vaello, Trini F. Silva ou Emilio Carral, completando así un equipo desexoso de dar á escena pezas que atrapen, sorprendan e emocionen ao público. E nesas andamos…


www.matrioshkateatro.wix.com/matrioshka