ve
sa
do
ma
me
xo
ve
sa
do
lu

XOVES 8

20’30 TEATRO PRINCIPAL
COMPAÑÍA: FUNBOA ESCÉNICA
PROCEDENCIA: GALICIA
ESPECTÁCULO: Sushi gratis
DURACIÓN: 65 min.

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Creación, dirección, interpretación e textos: Cristina Balboa e Lúa Gándara
Deseño de Iluminación e asistencia técnica: Javier Quintana
Deseño de son e deseño gráfico: Lúa Gándara
Vídeo de promoción e imaxes: Cris Balboa e Vio Montero
Asistencia de produción: Manu Lago

SINOPSE
Unha historia crúa, coma o sushi: cuncas de té, vinte personaxes que marcaron unha vida, unha xeración da apatía, un segredo substancioso, alimentación macrobiótica, traumas familiares, traumas sociais, traumas espaciais, unha terapeuta que canta, unha mestra de cerimonias, un par de amores non correspondidos e unha Katana.
Pode dicirse que “Sushi Gratis” é unha peza do que fomos, da raíz do desastre, das lembranzas... A construción ficticia da propia vida e da nosa identidade. Hai un segredo, como o das telenovelas, que vai saíndo á luz dende o que pide a historia, a través dun texto, en parte improvisado. Cristina Balboa conta a historia, Lúa Gándara é a confidente, a asistente, a que tira do fío, a que quere chegar ao fondo do asunto e unha espectadora máis.

A compañía
Despois de “Oiseau Rebelle”, na que cociñaban o amor romántico Paulina Funes e Cristina Balboa, e logo de experimentar e relatar a historia dun fracaso en “Sigue Buscando” con Estevo Azañón e Cristina Balboa, Funboa Escénica estrea “Sushi Gratis”, a última peza da triloxía Funboa.
Funboa Escénica é unha nova compañía galega das artes escénicas nada no 2010. A súa proposta é sincera, directa e orixinal e saben que iso é máis que suficiente á hora de achegar un novo traballo. Funboa Escénica sae á superficie con identidade e forza guerrilleira e quere reivindicar a creación escénica en Galicia.

www.funboaescenica.com

 

XOVES 8

23'00 AUDITORIO MUNICIPAL
COMPAÑÍA: TEATRO ART'IMAGEM
PROCEDENCIA: PORTUGAL
ESPECTÁCULO: As veias abertas da humanidade. Memória de Amor e Guerra
DURACIÓN: 60 min.

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Autor: Eduardo Galeano
Dirección e dramaturxia: José Leitão
Intérpretes: Daniela Pêgo, Flávio Hamilton e Pedro Carvalho
Apoio ás danzas latinas: Manuela Moreira e Miguel Menezes
Apoio ao movemento: Rita Soeiro
Deseño de son: Carlos Adolfo
Deseño de iluminación: Leunam Ordep
Escenografía: José Lopes e José Leitão
Vestiario: Teatro Art’Imagem
Fotografías e vídeo: Fátima Maio e José Leitão
Produción: Teatro Art’Imagem

SINOPSE
É un espectáculo baseado na obra do polifacético escritor, xornalista e pensador uruguaio Eduardo Galeano, autor de “As veas abertas de América Latina”. No escenario móvense personaxes, reais e ficticios, destes contos contados e cantados, onde se cruzan as pequenas historias dos homes e das mulleres comúns coa grande historia dos pobos e das nacións.
Trátase dunha creación teatral onde mil e unha historias son interpretadas por unha actriz e dous actores transformados en Sherezade que nos contan e falan doutros mundos, de persoas e xentes que non tiveron voz e coas súas memorias secuestradas polos libros de historia oficial.

A compañía
Os escritores das Américas forman parte do repertorio teatral de Teatro Art’Imagem dende que en 1984 a compañía levou por primeira vez á escena ao autor arxentino Osvaldo Dragún, seguido de Pablo Neruda e Luís Sepúlveda. Dos americanos do Norte, subiron ao escenario David Mamet, Paul Auster e John Steinbeck. Por primeira vez en Portugal sobe ao escenario un espectáculo baseado na obra de Eduardo Galeano, sendo o 101 espectáculo de Teatro Art’Imagem, do Porto, en colaboración coa Casa de América Latina de Lisboa. Dende 1994 organiza o Festival Internacional de Teatro Cómico da Maia e dende o 2009, a Mostra Anual de Dramaturxia.

www.teatroartimagem.org