O FITO é o Festival Internacional de Teatro de Ourense no Outono. Celebra oito anos, sendo xa un referente entre os principais Festivais galegos.

A aposta para programar Compañías da escena internacional: Cavaluna (Francia), Teatro de los Andes (Bolivia), Teatro Art’Imagem (Portugal), Marco Canale (Arxentina), L’Alakran (Suíza), Frida Kahlo Productions, (Italia), compleméntase coa vontade de ser unha plataforma de presentación de Compañías emerxentes. E xunto coa programación de xéneros diversos, para diferentes públicos: Alegoría poética, Clown, Danza, Exercicios simbólicos para a vida, Post-dramas, Linguaxe xestual e humor, Textos teatrais inesquecibles e unha coidada oferta de actividades paralelas: Obradoiros, Encontros de Dramaturxia, Mesas co Sector teatral e coa Crítica,  todo isto está convertendo ao FITO nunha cita ineludible.

O FITO é un espazo de exhibición para artistas galegos/as: Funboa Escénica, Matrioshka; Elefante Elegante e doutras Comunidades: Cataluña: Lolita Corina e A Veronal, Valencia, Hongaresa, Madrid, Los Lunes, e que tamén programa varias estreas absolutas: “El cuello de la jirafa” de Matarile;  “ExquiFITO” de Trécola Teatro, “A órbita do Lucecú” de Lucecús Teatro.

O FITO tamén é un espazo de creación. Nesta edición ábrese unha nova liña: MULLERES CREANDO, que pretende ter continuidade no futuro e que apertamos con especial interese.

O FITO pertence á cidade onde a arte florece, Ourense.

Benvidos/as  a esta ponte de unión aberta ao mundo.

 

Ánxeles Cuña Bóveda
Directora do Festival Internacional de Teatro de Ourense