ve
sa
do
lu
ma
me
xo
ve
sa
do
lu
ma
me
9
10
17

MARTES 11

20'30 TEATRO PRINCIPAL
COMPAÑÍA: LOS HEDONISTAS
PROCEDENCIA: MADRID
ESPECTÁCULO: Cena de pájaros
DURACIÓN: 75 min.

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Dramaturxia: Cristina Peregrina
Dirección: David Puig
Intérpretes: Cristina Peregrina e David Puig
Espazo escénico: Los Hedonistas
Recursos visuais e imaxes proxectadas: Carlota Nelson, Juan Carlos Sainz e David Puig
Deseño iluminación: Omar-Tuli Truco Kallonen
Peiteados e vestiario: Paola de Diego e Los Hedonistas
Produción: Jacobo García Fouz e Carlota Nelson

SINOPSE
Do tempo xorde o ser, a morte, o nacemento, o matar e comer outros seres vivos. A esencia da vida é devorarse a si mesma. Cena de pájaros confronta as nosas sensibilidades con este feito fundamental.
Conmensurabilidade e comensabilidade conforman un espazo único para esta peza que partindo dunha serie de prácticas alimenticias con paxaros, pregúntase polo lugar que ocupa a comida, os animais e a natureza na nosa cultura. Cena de pájaros manexa a idea de que a vida vive doutras vidas á vez que nos axuda a reconciliar as nosas sensibilidades con este feito fundamental.
Cena de pájaros
obtivo unha bolsa de residencia artística na sala de teatro Nave73 ata xuño de 2015 e conta coa colaboración do Museo Nacional de Ciencias Naturais de Madrid e o Real Xardín Botánico de Madrid.

A compañía
Los Hedonistas é un grupo de investigación escénica que crea experiencias que pretenden ser únicas, memorables, transferencias de aprendizaxe construídas con elementos que proveñen de diferentes enfoques, de backgrounds diferentes.
Deciden vivir a creación dende a orixe, a idea, o texto, a partitura do movemento, a música e, sobre todo, a transformación. “Que todo o traballo se poetice e a esencia humana se faga cada vez máis grande”.
Cada traballo atópase precedido dun coidado proceso de investigación e a súa respectiva documentación. Esta metodoloxía levou á compañía a colaborar de forma habitual con diversas institucións como o Centro de Ciencias Humanas e Sociais (CCHS), o Museo de Ciencias Naturais de Madrid ou o CSIC.
Os traballos de Los Hedonistas caracterízanse porque xeran pensamento crítico e reflexivo, desenvolven a capacidade cohesiva das artes escénicas e constrúen mapas de empatía a partir de coidados e afectos.
Los Hedonistas estiveron no 3º Fito, en 2010.


loshedonistas.wordpress.com