ve
sa
do
lu
ma
me
xo
ve
sa
do
lu
ma
me
9
10
17

XOVES 13

20’30 TEATRO PRINCIPAL
COMPAÑÍA: A PANADARÍA
PROCEDENCIA: GALICIA
ESPECTÁCULO: Pan!Pan!
DURACIÓN: 60 min.

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Idea orixinal e dramaturxia: Areta Bolado
Creación e interpretación: Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman
Música orixinal: Ailén Kendelman
Utensilios: Isabel Mouzo
Iluminación: Montse Piñeiro
Fotografía: Pilar Abades
Deseño gráfico: Noelia Castro

Sinopse
PAN!PAN! é unha parodia, con música vocal en directo, dos wésterns americanos. Conta a historia de Harry, un cowboy que viaxa de Mississippi a Arkansas perseguindo un indio salvaxe que roubou á súa muller, da que está profundamente namorado.
En escena, tres actrices constrúen 8 personaxes, 5 espazos e toda a música do espectáculo axudadas só por unha bandeira dos EEUU. A comedia fai unha caricatura dese mundo sen lei dos ranchos vaqueiros, as fedorentas cantinas e os desertos cheos de perigos. Como nunha película do Far West, haberá whisky, balas e country. Amor e vinganza a partes iguais!

A compAÑÍa
A Panadaría somos Areta, Noelia e Ailén. Fundamos a compañía no ano 2013 presentando o espectáculo PAN!PAN! Con este primeiro espectáculo xa conseguimos premios e eloxios da crítica, pero despois de estrear a nosa nova obra, Panamericana, seguimos sen ter decorados de pan de ouro e veludo, nin local de ensaio, nin furgoneta, nin homes. Aínda. Amasamos un teatro de creación propia e, por iso, chamámonos A Panadaría, porque o noso é un oficio de tradición, de esforzo e constancia, de relación da persoa cos elementos máis básicos, co que viu antes e co que está por chegar.
Porque en todo o mundo a humanidade fai pan e fai teatro, chamámonos A Panadaría para alimentar corpo e alma.
A avoa de Noelia, Lola, dixo de nós: “sodes unha banda esplendorosa”.

PREMIOS
1º Premio Xuventude Crea 2013,
Premio María Casares 2015 á Mellor Actriz Secundaria (Areta Bolado),
Premio da Crítica Galicia 2015.

www.apanadaria.es