ve
sa
do
lu
ma
me
xo
ve
sa
do
lu
ma
me
9
10
17

VENRES 14

19’30 AUDITORIO MUNICIPAL - SALA AZUL
COMPAÑÍA: MULLERES CREANDO
PROCEDENCIA: GALICIA
Kirenia C. Martínez e Gosia Trebacz
ESPECTÁCULO: Astraea
DURACIÓN: 15 min.

SINOPSE
Astraea é o escenario infinito no que dúas creadoras se mergullan para perpetuar a fusión de varias expresións artísticas. Unha sorte de area e mar feita buguina.

As intÉrpretes
Kirenia Celia Martínez, Cuba, é bailarina, actriz e coreógrafa. Fundadora, codirectora e coreógrafa da Compañía Entremans dende 2005, combina as súas creacións artísticas con labores formativas, colaboracións e asistencias coreográficas para outras compañías e artistas de diferentes disciplinas.

Gosia Trebacz realízase como artista nunha dobre faceta: amosando as súas propostas aos demais en exposicións e ensinando as prácticas necesarias para que outros adquiran destrezas no campo da pintura. Creación e didáctica van xuntas. É unha muller do seu tempo que capta a pulsión imparable da arte contemporánea, o discorrer da actualidade e o discurso do presente.

 

VENRES 14

23'00 AUDITORIO MUNICIPAL
COMPAÑÍA: ATALAYA
PROCEDENCIA: ANDALUCÍA
ESPECTÁCULO: Así que pasen cinco años
DURACIÓN: 90 min.

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Autor: Federico García Lorca
Dirección e dramaturxia: Ricardo Iniesta
Intérpretes: Jerónimo Arenal, Manuel Asensio, Raúl Sirio, Raúl Vera, Elena Aliaga, María Sanz, José Ángel Moreno, Carmen Gallardo e Silvia Garzón
Axudante de dirección: Sario Téllez
Escenografía: Ricardo Iniesta
Iluminación: Miguel Ángel Camacho
Vestiario: Carmen de Giles
Composición musical: Luis Navarro
Produción: Masé Moreno

SINOPSE
Así que pasen cinco años recolle algúns dos temas da obra de Lorca como o tempo, o amor e a morte; e outros temas entrecruzados, como os soños, a frustración, a súa propia viaxe interior e a esterilidade. Un mozo, ser puro, desligado da contorna real, que só vive e fai vivir a intimidade dos seus soños e desexos. Todos os demais personaxes son símbolos de apetencias, de ideas, de sensacións, de vivencias subconscientes.
A obra é dunha tremenda modernidade. A linguaxe que prima é a onírica, pero tamén subxacen elementos propios do teatro da crueldade, especialmente no terceiro acto.

A compaÑÍa
Así que pasen cinco años non resulta un texto máis para Atalaya. Trátase da obra que fixo visible á compañía a nivel nacional no ano da súa estrea, en 1986. Grandes personalidades e especialistas en Lorca como Rafael Alberti, Gerardo Diego, Antonio Gala, Lluis Pascual e José Monleón aplaudiron a enorme sorpresa que supoñía esta montaxe pola súas achegas artísticas e novidade.
En 2016, o CDN propuxo a Atalaya esta coprodución, xusto cando se cumpren 80 anos do asasinato do poeta.
Atalaya conseguiu crear un estilo propio que se basea na enerxía do actor, a lectura contemporánea dos grandes textos universais, a forza expresionista das imaxes e o tratamento poético do espazo, a música e os obxectos. En 2016, cumpre 33 anos nos que se converteu nun dos referentes máis sólidos do teatro español. Recibiu 38 galardóns, destacando o Premio Nacional de Teatro de 2008. Nese ano pon en marcha o Centro Internacional de Investigación Teatral (TNT) que conta co maior teatro privado de Andalucía e un laboratorio-escola permanente.

Atalaya é Premio Nacional de Teatro 2008.

www.atalaya-tnt.com