ve
sa
do
lu
ma
me
xo
ve
sa
do
lu
ma
me
9
10
17

SÁBADO 15

19’30 AUDITORIO MUNICIPAL - SALA AZUL
COMPAÑÍA: MULLERES CREANDO
PROCEDENCIA: GALICIA
Olga Cameselle
ESPECTÁCULO: A deriva
DURACIÓN: 15 min

SINOPSE
As derivas son pezas curtas que emerxen a partir da peza escénica Verde a tempo completo. No caso que aquí se propón, Deriva VI, apóiase sobre o aspecto máis “litúrxico” da peza escénica.

A intÉrprete
Olga Cameselle é bailarina e coreógrafa. Ten moi claro que o teatro non se limita ao escenario e por iso desenvolve varias iniciativas consistentes en levar espectáculos a lugares pouco comúns. Di dela: “Nunca quixen ser bailarina, pero vinme empurrada. Non podía parar. Necesitábao dende moi nena. Hai que escoitar por onde te leva a vida e escoitar o teu propio impulso”.


 

 

SÁBADO 15

23'00 AUDITORIO MUNICIPAL
COMPAÑÍA: MATARILE TEATRO
PROCEDENCIA: GALICIA
ESPECTÁCULO: Antes de la metralla
DURACIÓN: 60 min

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Textos e coreografías: Equipo Metralla
Dirección: Ana Vallés
Intérpretes: Mónica García, Eduardo Pérez-Rasilla, Celeste González, Ana Contreras, Lara Contreras, Ricardo Santana, Baltasar Patiño e Ana Vallés
Axudante de dirección e escenografía: Baltasar Patiño
Iluminación: Baltasar Patiño
Vestiario e son: Equipo Metralla
Produción: Laura Sánchez

SINOPSE
Antes de la metralla non pretende ser unha representación. É un encontro real entre persoas que por unha banda aportan o seu punto de vista e, pola outra, están dispostas a amosarse máis alá do refuxio da palabra. O obxectivo é expoñer algunhas orientacións e interpretacións da escena contemporánea dende diferentes ángulos, perspectivas ou implicacións.
Antes de la metralla idéase como un traballo in situ, cuns días previos de encontro e cunha posta en escena final, pero sen ánimo de que sexa un espectáculo pechado, senón máis ben a mostra do resultado dese encontro: un acontecemento para un marco específico. É un proxecto en desenvolvemento, carente de valor comercial.
Os participantes, na súa condición de cómplices, testemuñas, acompañantes e colaboradores, están directa ou indirectamente ligados coa escena. Todos espectadores.

A compaÑÍa
Matarile Teatro, fundada en 1986, é unha das formacións galegas máis internacionais e galardoadas. En 1993 crea e xestiona o Teatro Galán de Compostela, espazo dedicado á programación e difusión do teatro e a danza contemporánea en Galicia.
Matarile Teatro detén a súa actividade dende setembro de 2010 a setembro de 2013, data na que reinicia as súas producións coa estrea de Staying Alive, á que lle seguen Teatro Invisible, Hombres Bisagra e El cuello de la Jirafa, todas elas en activo. Neste ano, 2016, a compañía está celebrando o seu 30 aniversario.
Os espectáculos de Matarile Teatro representáronse en cidades doutros países como: Boston, Brasilia, París, Belgrado, Novisad, Porto, Leipzig, Boloña, Dresden, Edimburgo, Bucarest, Rennes e proximamente en Timisoara, en Romanía.

PREMIOS
Hombres Bisagra recibiu o Premio 2015 ao Espectáculo máis Innovador do TAC XVI Festival Internacional de Teatro y Artes de Calle de Valladolid.
Staying Alive é un espectáculo recomendado pola Comisión de Teatro de La Red Española de Teatros.
Ambos espectáculos estiveron nas edicións pasadas do FITO.


www.matarileteatro.net