ve
sa
do
lu
ma
me
xo
ve
sa
do
lu
ma
me
9
10
17

DOMINGO 16

13’30 AUDITORIO MUNIcipal - SALA AZUL
COMPAÑÍA: MULLERES CREANDO
PROCEDENCIA: VALENCIA
Inherente Teatro
ESPECTÁCULO: Dramaturxia de mulheres
DURACIÓN: 15 min.

SINOPSE
(…) “seras vivas” compostas de células que conteñen certos pensamentos incrustados INHERENTEMENTE ao seu citoplasma. E como en abundancia a acumulación de ditos pensamentos provoca danos físico-emocionais serios no ser, non temos outra opción que vomitalos mediante a nosa voz, o noso corpo e a nosa alma, se é que existe…

A compaÑÍa
Noelia Blanco, Pia Nicoletti e Celina Fernández forman Inherente Teatro. O seu primeiro espectáculo é Dramaturxia de Mulheres

www.facebook.com/CIA.INHERENTETEATRO/

 

DOMINGO 16

19'00 TEATRO PRINCIPAL
COMPAÑÍA: LA LLAVE MAESTRA
PROCEDENCIA: CHILE
ESPECTÁCULO: Nómadas
DURACIÓN: 60 min.

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Autor: La Llave Maestra
Dirección: Edurne Rankin García e Álvaro Morales Lifschitz
Interpretación: Edurne Rankin, Max Pertier e Francisca Artaza
Tremoia: Mario Espinosa
Música: Gorka Pastor
Deseño de iluminación: Álvaro Morales
Deseño de vestiario: Edurne Rankin
Deseño gráfico: Isidro Ferrer
Escenografía e produción: La Llave Maestra

SINOPSE
Nómadas fala sobre a experiencia do ser humano diante dunha situación de cambio de país, desarmar a casa para viaxar e moverse na busca dunha nova vida. Un espectáculo visual, sen palabras, onde o espectador pode viaxar con creatividade a través das imaxes que se van construíndo en caixas que deixan de selo para transformase en animais mitolóxicos, en globos que viaxan a outros países, en portas que atravesar, persecucións sen fin, caixas que non encaixan e soños que se perden no medio delas.
Nómadas nace da necesidade de seguir indagando na creación dunha linguaxe multidisciplinar e continuar dando forma a unha proposta escénica propia, que transporta ao espectador cara a un calidoscopio de emocións, onde conviven o enxeño, o humor, a creatividade e a poesía.
Nómadas é unha viaxe onírica á imaxinación, unha oda ao acto valente de viaxar, de deixar atrás o vello para internarse no descoñecido. Un baile de emocións, un deleite para os sentidos.
Este espectáculo é unha coprodución entre La Llave Maestra e o Teatro Municipal Gayarre de Pamplona co Fondo Iberescena.

A compaÑÍa
La Llave Maestra nace no 2010 en España e creou tres espectáculos: Bestiario, Delirios de Papel e Nómadas. Estas obras representáronse en teatros e festivais de España, Turquía, Holanda, Taiwán, Arxentina, Bosnia, Brasil e Chile con excelente acollida tanto do público como da crítica pola súa calidade, creatividade e aporte ao Teatro visual e de obxectos.
No 2013 a compañía reside en Chile, dende onde difunde os seus traballos ao longo de todo o país e por diferentes lugares de Sudamérica. Nestes seis anos, máis de 20.000 espectadores viron os seus traballos.
Bestiario recibe o premio QUALITY LABEL outorgado pola European Network for Mime and Visual Theater pola súa achega ao Teatro xestual.

www.lallavemaestra.com.es

 

DOMINGO 16

21'00 AUDITORIO MUNICIPAL
COMPAÑÍA: LAGARTIJAS TIRADAS AL SOL
PROCEDENCIA: MÉXICO
ESPECTÁCULO: Santiago Amoukalli
DURACIÓN: 60 min.

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Un proxecto de Lagartijas Tiradas al Sol
Dramaturxia e interpretación: Luisa Pardo e Gabino Rodríguez
Dirección: Luisa Pardo e Gabino Rodríguez
Narrador: Francisco Barreiro
Espazo e iluminación: Sergio López Vigueras
Maqueta e panos: Pedro Pizarro
Vídeo: Carlos Gamboa
Deseño de son: Juan Leduc
Voz final: Cuauhtémoc Cuaquehua
Coprodución: Belluard Bollwerk Festival, Lagartijas Tiradas al Sol e residencia IN-TEATRO Polverigi

SINOPSE
Santiago Amoukalli é o nome dunha comunidade que se localiza no suroeste de México, aí fálase Nahuatl e un pouquiño de español.
Luisa Pardo e Gabino Rodríguez tiveron un encontro con Santiago Amoukalli e os seus poboadores. Estranxeiros no seu propio país, pasaron aí unha tempada que coincidiu coas eleccións do 7 de xuño de 2015. Choveu moito.
Esta historia transcorre nun tempo convulso, nun país con febre, a persoas trementes e nun lugar que tal vez non existiu nunca.
É unha historia que intenta cuestionar como se implanta “a democracia mexicana” nun ámbito e nunha comunidade específica que ten a súa historia, o seu contexto e un alto nivel de marxinación. Falamos dun México que nos queda moi lonxe, tanto que, ás veces, parécenos invisible, pero aí está.

A compaÑÍa
Son un grupo de artistas convocados por Luisa Pardo e Gabino Rodríguez. Dende 2003 comezan a desenvolver proxectos como mecanismo para vencellar o teatro e a vida, para borrar fronteiras. O seu traballo busca dar sentido, artellar, dislocar e desentrañar o que a práctica cotiá fusiona e pasa por alto. Non ten que ver co entretemento, este é un espazo para pensar.
Santiago Amoukalli é unha coprodución de Lagartijas Tiradas al Sol co Festival Belluard Bollwerk.

www.lagartijastiradasalsol.com