ve
sa
do
lu
ma
me
xo
ve
sa
do
lu
ma
me
9
10
17

MARTES 18

20'30 ANTIGA CAPELA DO CAMPUS UNIVERSITARIO
COMPAÑÍA: BERBERECHEIRA
PROCEDENCIA: GALICIA
ESPECTÁCULO: Goldi libre. Autorretrato dun insubmiso preso nos cárceres de Felipe González
ESTREA
DURACIÓN: 80 min.

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Escrita: César Goldi, Xron e Manuel Cortés
Dirección e dramaturxia: Xron
Intérprete: César Goldi
Axudante de dirección e xefa de produción: Patricia de Lorenzo
Escenografía, utensilios e vestiario: Berberecheira
Iluminación: Fidel Vázquez Díaz
Espazo sonoro: Xacobe Martínez Antelo

SINOPSE
Goldi libre é un traballo de teatro documental sobre o movemento de insubmisión en España, sobre as persoas que formaron parte do mesmo e sobre a súa fantástica estratexia de desobediencia e confrontación non violenta co aparato do Estado, feito a partir da memoria, a experiencia persoal e o testemuño de César Goldi, actor que foi xulgado, condenado e privado da súa liberdade no cárcere da Coruña por negarse a realizar tanto o servizo militar como a prestación social substitutiva.
O valor documental e o valor testemuñal son dous factores clave de diferenciación que fan desta unha obra única, porque expón a vida persoal dun actor, porque leva o real ao escenario, porque ofrece abertamente unha verdade e non só unha aparencia de realidade. Trátase, por tanto, de conectar a memoria individual coa memoria colectiva dunha xeración e co imaxinario dunha época a través dun dispositivo especificamente teatral.

A compaÑÍa
A Berberecheira é un banco marisqueiro enriquecido polas mareas que entran por unha Boca do Río aberta na praia de Carnota (A Coruña). De aí nace a idea destoutra Berberecheira teatral promovida e custodiada por Chévere: unha iniciativa que utiliza como soporte a estrutura, os medios, o coñecemento, a experiencia e a proxección de Chévere co obxectivo de ampliar a documentación escénica de feitos e historias que conformaron e seguen dando forma ao mundo no que nos tocou vivir.
Goldi libre é o primeiro proxecto sementado e criado integramente na Berberecheira ao longo dos anos 2015 e 2016.

www.grupochevere.eu