ve
sa
do
lu
ma
me
xo
ve
sa
do
lu
ma
me
9
10
17

MÉRCORES 19

21'00 Auditorio Municipal
COMPAÑÍA: BRAVO TEATRO
PROCEDENCIA: MADRID
ESPECTÁCULO: Muñeca de porcelana
DuraciÓN:
70 min.

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Autor: David Mamet
Dramaturxia: Bernabé Rico
Dirección: Juan Carlos Rubio
Intérpretes: José Sacristán e Javier Godino
Axudante de dirección: Chus Martínez
Deseño de escenografía: Curt Allen
Deseño de iluminación: José Manuel Guerra
Espazo sonoro: Mariano J. García López
Deseño de vestiario: Guadalupe Valero

Sinopse
Un millonario acaba de mercarlle un avión á súa prometida como regalo de voda. A súa intención é xubilarse e dedicarse por enteiro a ela. Durante o seu último día na oficina antes de reunirse coa súa noiva, instrúe un mozo axudante para poder atender os seus negocios dende a distancia. Pero xusto antes de saír, recibe unha chamada de última hora que desexaría non recibir nunca.
Están os poderosos libres de render contas polos seus actos? Existe unha elite que manexa os fíos coa capacidade de variar o rumbo dos acontecementos con tan só unha chamada telefónica? David Mamet creou unha intensa e emocionante estrutura teatral, de vibrante ritmo, que mestura temas recorrentes do autor como o poder da política, a economía e os medios de comunicación, con outros novos como a lealdade e as dificultades do ser humano para romper co seu pasado. Unha espiral de sucesos que, en menos de 24 horas, modificarán para sempre o destino dos seus protagonistas. E posiblemente a nosa visión da cara oculta dos donos do mundo.

A compAÑÍa
Bravo Teatro, despois dunha longa traxectoria traballando tanto para o teatro público como privado, produciu os espectáculos: Mujeres de Mercè Rodoreda, Otoño en Familia de James Saunders, Danza Macabra de Strindberg, Conversación con Primo Levi de Ferdinando Camon, Extraño Anuncio de Adolfo Marsillach, todos baixo a dirección de Mercedes Lezcano. Un Picasso de Jefrey Hatcher interpretado e dirixido por José Sacristán. Yo soy Don Quijote de la Mancha unha adaptación de José Ramón Fernández da obra de Cervantes, baixo a dirección de Luis Bermejo. Todos para a produtora Metrópolis Teatro.
Caminando con Antonio Machado é a súa máis recente posta en escena con José Sacristán como protagonista e director.
Nesta nova etapa e xunto coa produtora TalyCual poñen en marcha Muñeca de porcelana de David Mamet na versión de Bernabé Rico e baixo a dirección de Juan Carlos Rubio, interpretada por Javier Godino e José Sacristán, que está, segundo a AFI (American Film Institute), entre os 25 mellores actores do mundo.

www.bravoteatro.net