ve
sa
do
lu
ma
me
xo
ve
sa
do
lu
ma
me
9
10
17

VENRES 7

20'30 TEATRO PRINCIPAL
COMPAÑÍA: COMPANYIA PELMÀNEC
PROCEDENCIA: CATALUNYA
ESPECTÁCULO: El avaro
DURACIÓN: 80 min.

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Autores: Eva Hibernia, Miquel Gallardo, Jordi Bertran e Olivier Benoit
Dirección: Miquel Gallardo
Intérpretes: Miquel Gallardo e Miquel Nevado
Escenografía: Xavier Erra
Vestiario: Susana Santos
Deseño de iluminación: Daniel Ibor
Produción: Companya Pelmànec
Fotografía: Marta Vidanes

SINOPSE
A avaricia define a Harpagón. Usureiro e especulador, sen amigos, ninguén quere a este vello. O seu desexo por Marina, unha mociña encantadora con quen quere casar a pesar da súa pobreza, farao aínda máis desprezable e patético diante da súa familia. Sobre todo cando descobre que a súa pretendida está xa comprometida co seu fillo Cleantes. A comedia está servida. Ah, aínda non! Un pequeno detalle: aquí o ouro non ten ningún valor porque os personaxes, todos, son billas, tubos e obxectos de auga en xeral, e a riqueza que desexa de maneira enfermiza Harpagón, a auga… Desexámosvos un bo mergullo!

A compañía
A Companya Pelmànec é a plataforma creativa de Miquel Gallardo, actor, manipulador e dramaturgo con máis de vinte anos de carreira. Foi creada no 2009 para estrear o seu primeiro espectáculo en solitario: Don Juan. Memoria amarga de mí. No 2011 estrea Diagnóstico: Hamlet. Nos dous espectáculos, Miquel Gallardo explora a técnica da manipulación e a interpretación simultánea, con monicreques de tamaño natural, creando un estilo persoal de abordar os espectáculos que merecen o eloxio do público e da crítica alí onde van. En 2014 recupera El avaro de Molière, unha obra creada por el mesmo xunto con Olivier Benoit e Jordi Bertran, estreada no 2000. Aproveitando o quince aniversario da súa estrea, Miquel Gallardo anóvaa, pero mantendo o seu espírito crítico e aloucado.

PREMIOS
• Premio do Xurado e do Público ao Mellor Espectáculo do Festival de Belo Horizonte 2003 (Brasil).
• Premio ao Mellor Espectáculo da Tempada da Asociación de Espectadores do Teatro del Mar 2003 (Palma de Mallorca). • Premio do Festival PIF de Zagreb 2005 (Croacia).
• Premio do Festival de Ostrava 2005 (República Checa).
• Premio ao Espectáculo máis Orixinal do Festival Lutke 2008 (Eslovenia).
• Premio do Público do Festival Lutke 2008 (Eslovenia).

CRÍTICA
“Nunca crería que unhas billas eran capaces de interpretar. Unha versión de El avaro impecable, que sintetiza e revisa o orixinal, pero que o respecta”. Javier Matesanz – Diari de Balears – 8/ 3/ 2003
“Un texto clásico, unha adaptación orixinal e inventiva, bos actores e boa música. Non podía fallar.” Rogerio Waldrigues Galindo – Gazeta do Povo – (Curitiba, Brasil) – 12/07/2005
“(…) Hai, nesta capacidade de dar vida e personalidade a unhas simples billas, só vestidas con teas, efectos de luz e música, algo fundamentalmente máxico.” Elisabeth Chardon – Le Temps (Xenebra, Suíza) – 16/01/04

www.pelmanec.com