ve
sa
do
lu
ma
me
xo
ve
sa
do
lu
ma
me
9
10
17

SÁBADO 8

19’00 PARQUE BARBAÑA
COMPAÑÍA: ROLABOLA
PROCEDENCIA: ANDALUCÍA
ESPECTÁCULO: Circo mediterráneo
DURACIÓN: 70 min.

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Dirección: Alfonso de la Pola
Intérpretes: Antonio Jesús Gómez “El Gran Dimitri”, Iñaki Erdocia, Rubén Barroso “Mini”, Víctor Sánchez e Alfonso de la Pola
Escenografía: Fran Coronado
Música e vestiario: Rolabola
Deseño de iluminación e técnico: Rafael Díaz

SINOPSE
O Circo mediterráneo é un espectáculo, en formato cabaré, que recolle o mellor da tradición circense incorporando as características artísticas propias do circo contemporáneo. O show conta cun acróbata con fabulosas peripecias, arriscados equilibristas, malabaristas co manexo incrible do diábolo e trapecistas nas alturas. Todos conforman o elenco artístico deste espectáculo, no que non hai feras pero si algunha mascota coa que nos divertiremos.
Co humor como fío condutor, o presentador e o mestre de cerimonias enlaza os diferentes números que forman o espectáculo para dotar de ritmo toda a montaxe. Despois dunha función do Circo mediterráne, o espectador e espectadora poderá levar á súa casa unha presada de gargalladas e un frasco do mellor circo.

A compañía
Rolabola xestionou espazos propios como a Sala Piruetta e participou na xestión de espazos colectivos como a Carpa de Cubillas. Colaborou na organización de actividades, proxectos, programacións e festivais circenses como Circada, o festival de circo máis importante de Andalucía. E, por suposto, produciu seis espectáculos, realizando máis de 1.000 funcións, incluíndo a maioría dos Festivais e Feiras do Estado (Trapezi, Tárrega, La Bisbal, Palma del Río…) e diversas xiras internacionais en países como Marrocos, Francia, Italia ou Eslovenia. Tamén participou en proxectos de cooperación internacional, con ONG’s como Payasos sin Fronteras en zonas de Palestina e o Sáhara Occidental.

Esta veteranía e a súa visión estratéxica na que o público e a promoción e dignificación do circo sitúase nun primeiro plano, levouna a traballar con máis de 30 artistas e decenas de profesionais do circo ou a cultura. Agora presente este apaixonante proxecto, o Circo mediterráneo.

www.rolabola.net

 

 

SÁBADO 8

20'30 TEATRO PRINCIPAL
COMPAÑÍA: GRANHØJ DANS
PROCEDENCIA: DINAMARCA
ESPECTÁCULO: Petrushka-Extended
DURACIÓN: 60 min.

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Dirección: Palle Granhøj
Autor: Versión libre de Pretrushka de Stravinsky
Intérpretes: László Fülöp, Sofía Pintzou, Mikolaj Karczewski e Bill Eldridge
Pianista: María Eshpai
Axudante de dirección: Mads Møller Andersen
Escenografía e iluminación: Granhøj Dans
Música: Igor Stravinsky

SINOPSE
En Petrushka-Extended, Palle Granhøj explora unha vez máis o interior da linguaxe da danza. Por segunda vez, Granhøj fai fincapé na fusión entre a música de piano en directo e o espectáculo da danza, intentando crear unha verdadeira simbiose entre estas dúas artes, e por terceira vez, usa a execución interrompida da anotación musical introducindo cortes, coa finalidade de crear unha correlación de igualdade entre a música e a danza.
No espectáculo, cinco extraordinarios intérpretes con cinco nacionalidades diferentes e diferentes idades reúnense no escenario para dar a súa interpretación da historia sobre Petrushka, o monicreque, orixinalmente adaptado por Fokin e Igor Stravinsky.
“As figuras danzan, xogan e discuten con ansiedade, pero non te preocupes se non comprendes o que din… Tampouco eles se entenden, porque falan nas súas linguas: ruso, polaco, húngaro, grego e escocés. Benvido e goza desta versión longa dunha hora de Petrushka”, di Palle Granhøj.

A compañía
Granhøj Dans é unha compañía de danza internacionalmente recoñecida que está situada na cidade de Aarhus, Dinamarca. As producións de Granhøj Dans son creadas polo director artístico e coreógrafo da compañía, Palle Granhøj, en cooperación cos bailaríns.
O punto de arranque de cada produción é a Técnica de Obstrución, desenvolvida por Palle Granhøj, que fai posible a creación de 25 traballos orixinais nos últimos 25 anos. Baseados nese método de traballo, o coreógrafo moldea os movementos dos actores, descubrindo as leis interiores das súas personalidades no proceso.
Máis que amosar bailaríns e coreografías no escenario, Palle Granhøj quere presentar homes e mulleres tal e como son: xenuínos, vivos e complexos.
Granhøj Dans é a terceira vez que visitan o FITO, xa estiveron con grande éxito nas edicións de 2011 e 2013.

CRÍTICA
“Granhøj Dans fixo unha interpretación innovadora do Ballet de Stravinsky con catro marabillosos bailaríns e unha fantástica pianista no escenario. Petrushka-Extended é un espectáculo pracenteiro, ben danzado e moi melódico”. (Berlingske)

“Arte e amor na sala de ensaio: Granhøj ofrécenos unha interpretación musical, divertida e intelixente de Pretrushka de Stravinsky”. (Arh. Stiftstidende)

www.granhoj.dk