xo
ve
sa
do
lu
ma
me
xo
ve
sa
do
10

MÉRCORES 11

20'30 AUDITORI MUNICIPAL
COMPAÑÍA: PRODUCIÓN TEATRAIS EXCÉNTRICAS
(MOFA e BEFA)
PROCEDENCIA: GALICIA
ESPECTÁCULO: Cranios Privilexiados
DURACIÓN: 95 min.

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Autores: Manolo Cortés, Pepe Sendón e Carlos Santiago
Elenco: Evaristo Calvo, Víctor Mosqueira
Espazo escénico e arte: Natasha Lelenco
Espazo lúmínico: Octavio Mas
Vestiario: Mofa & Befa
Atrezzo: Marcelino de Santiago, “Kukas”
Deseño de son: Piti Sanz
Produción: Rubén G. Pedrero

SINOPSE
Mofa e Befa atravesan un momento de crise existencial que deciden superar comendo, como manda a tradición perralleira. Organizan unha merenda debaixo dunha ponte, onde a desesperación e a sobriedade dos alimentos, provoca un febril momento de ascetismo. As alucinacións e a obrigada reflexión sobre o absurdo da existencia vese salpicada pola aparición de filósofos, seres mitolóxicos e outras presenzas que comprometen a tentativa desesperada de Mofa e Befa por aprender a pensar, para pensar no que facer.

A compaÑÍa
En 1992 MOFA e BEFA xorde como comando de comedia contemporánea e o seu primeiro espectáculo Para ser exactos leva feitas máis de 300 representacións e algún dos seus fragmentos están incluídos no canon teatral da dramaturxia galega. Despois viría Manifesto para un teatro perralleiro, FinisMundi Circus, Cultura para dar e tomar, Sempre ao lonxe e agora Shakespeare para Ignorantes.

PREMIOS
Premio de Honra Roberto Vidal Bolaño ao Mérito nas Artes Escénicas outorgado por MIT Ribadavia.

www.escentricas.net