xo
ve
sa
do
lu
ma
me
xo
ve
sa
do
10

XOVES 12

20’30 AUDITORIO MUNICIPAL
COMPAÑÍA: COMPANHIA DO CHAPITÔ
PROCEDENCIA: PORTUGAL
ESPECTÁCULO: Electra
DURACIÓN: 60 min.

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Idea orixinal: creación colectiva
Dirección: José Carlos García e Cláudia Nóvoa
Elenco: Jorge Cruz, Nádia Santos, Tiago Viegas
Dirección técnica: David Gonçalo Florentino
Texto en castelán: María Guerrero e César Árias
Dirección de produción: Tália Melo Rodrígues
Vestiario: Glória Méndes
Iluminación: Samuel Rodrigues
Audiovisuais: Bruno Gascon, Joana Domingues, Nádia Santos e Simao Anahory

SINOPSE
Na Atenas do Rei Agamenón convócase unha guerra para liberar a Helena das poutas do seu secuestrador, ou non, xa que hai quen di que marchou con Paris encantada da vida. Ao non ter vento favorable para os seus barcos, Agamenón sacrifica á súa filla Ifixenia seguindo as indicacións dos profetas. Despois de dez anos de guerra, ao tornar a Troia, Agamenón é asasinado e a súa filla favorita, Electra, consumará unha nova vinganza matando, desta volta, á súa nai e ao seu tío.
Todo este baño de sangue familiar contarase co estilo inconfundible desta compañía: en clave de comedia.

A compaÑÍa
A Compañía, creada en 1996, leva realizado 31 creacións orixinais representadas en tódolos continentes. Electra foi premiado na Feira Internacional de Huesca.
Espectáculo Recomendado pola Rede Nacional.

www.companhia.chapito.org