xo
ve
sa
do
lu
ma
me
xo
ve
sa
do
10

VENRES 13

20’30 TEATRO PRINCIPAL
COMPAÑÍA: CONTRAPRODUCIÓNS
PROCEDENCIA: GALICIA
ESPECTÁCULO: Nacidas Libres
DURACIÓN: 95 min.

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
irección de escena: Cristina Domínguez
Texto: Cándido Pazó
Elenco: Rocío González, Casilda Alfaro, Mónica Camaño, Susana Dans
Escenografía e vestiario: Carlos Alonso
Iluminación: Afonso Castro
Música e espazo sonoro: Guillerme Fernández
Xefa de produción: Belén Pichel

SINOPSE
Partindo dunha nova saída nos xornais na que a policía rescata tres monxas indias retidas contra a súa vontade nun convento de clausura en Santiago, nace este espectáculo para catro actrices. Con esa inspiración van argallando un espectáculo en múltiples planos no que, con rigor e obxectividade, pero con frescura, dinamismo, emoción e pinceladas de humor, entran no xogo argumental do caso, pero tamén en múltiples reflexións e referencias a diversos temas vistos desde a perspectiva de xénero: a desigualdade, a ilusión da liberdade, os condicionantes da muller nas distintas culturas, a emigración...

A compaÑÍa
Contraproducións, é a nova denominación de Abrapalabra Creacións Escénicas e ten no seu repertorio espectáculos como Memorias dun Neno Labrego, As do peixe e O tolleito de Inishmaan, todos eles premiados pola crítica e o público.

www.contraproducions.com

 


23'00 AUDITORIO MUNICIPAL
COMPAÑÍA: TEATRO DEL NOCTÁMBULO
PROCEDENCIA: ESTREMADURA
ESPECTÁCULO: Contra la democracia
DURACIÓN: 90 min.

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Dirección: Antonio C. Guijosa
Texto: Esteve Soler
Elenco: Memé Tabarés, Gabriel Moreno, Marina Recio, José Vicente Moirón
Deseño de escenografía: Mónica Teijeiro
Deseño de vestiario: Rafael Garrigós
Selección musical: Antonio C. Guijosa
Deseño de iluminación: Daniel Checa

SINOPSE
Contra la democracia son sete obras de “Grand Gignol”, sete pequenas obras que mesturan horror e comedia, sete momentos tan estraños como próximos que mesturan horror e comedia, 7 visións surrealistas e contundentes sobre un engano colectivo cada día máis escandaloso... Aínda hai alguén que crea que os cidadáns gobernamos a nosa sociedade?
Contra la democracia convídanos a cuestionar algúns aspectos, a preguntarnos se non hai algunha característica que queiramos cambiar.

A compaÑÍa
A compañía estremeña fundouse en 1995. En 2008 reciben o premio de Honra no Festival de Teatro de Almada e no ano 2004 o premio Max ao mellor espectáculo Revelación por O Búfalo Americano.
Atesouran máis dunha ducia de premios nacionais polos seus espectáculos.

ESPECTÁCULO RECOMENDADO POLA REDE NACIONAL

www.teatrodelnoctambulo.com