xo
ve
sa
do
lu
ma
me
xo
ve
sa
do
10

XOVES 5

20'30 TEATRO PRINCIPAL
COMPAÑÍA: PEPA PLANA
PROCEDENCIA: CATALUÑA
ESPECTÁCULO: Paraíso Pintado
DURACIÓN: 65 min.

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Idea orixinal: Ferruccio Cainero e Pepa Plana
Dirección: Ferruccio Cainero
Elenco: Pepa Plana
Voz en off: David Verdaguer
Produción: La Vaca Flaca
Escenografía: Lali Canosa
Vídeo: Estudio Nueveojos
Vestiario: Rosa Solé
Iluminación: Yuri Plana
Atrezzo: Oriol Blanchar
Fotografía: Roser Arques

SINOPSE
Empezamos cunha especie de anxo que vive feliz e contenta unha vida ideal, pero aburrida e coa sensación de que non encaixa neste “ceo”. Ela ten o soño de ser un anxo da garda aínda que se ve , por veces, coma unha “súperheroina”. Aínda non sabe voar e descobre, de casualidade, que lle resulta máis doado nadar que voar. Quen non ten visto nunha casa un deses cadros nos que aparecen anxiños pintados? Un deses seres inocentes protagoniza o último espectáculo da pallasa Pepa Plana que, neste caso traballa co dramaturgo e director Ferruccio Cainero. Un espectáculo divertido que nos conecta coa cara máis tráxica do mundo no que vivimos e, como fan as boas pallasas, ponnos diante do espello para vernos reflectidos e interpelados. Estreada no Festival Grec de Barcelona en xullo de 2016.

A compañía
Pepa Plana, actriz e pallasa catalá, é un referente internacional no xénero pola calidade dos seus espectáculos e pola súa contribución á visualización das pallasas, entre as que destaca como unha das figuras europeas. Xunto co recoñecemento do público tamén lle outorgaron numerosos premios, e en 2012 inicia unha nova etapa da man do Cirque du Soleil. A mediados deste 2013 reinicia as xiras dos seus espectáculos.

PREMIOS
• Premio Nacional de Cultura 2014 (Generalitat de Catalunya)
• Título de recoñecemento do Concello de Valls 2016 • Premio do Público na Gala de Premios da Revista Zirkolika, por PENÉLOPE
• Premio Sabatot Alegre, 9a Setmana do Pallasso, Castellar del Valles, pola traxectoria
• Premio ARC 2004 na categoría de circo polo espectáculo "Giulietta"
• Mención Honorífica polo espectáculo "Giulietta" no "IX Festival Internacional de Pallassos de Cornella"
• Premio Aplaudiment FAD 1999 polo espectáculo "De Pe a Pa"

www.pepaplana.cat