xo
ve
sa
do
lu
ma
me
xo
ve
sa
do
10

SÁBADO 7

19'00 PRAZA DE SAN MARTIÑO
COMPAÑÍA: TEATRO ART'IMAGEM
PROCEDENCIA: PORTUGAL
ESPECTÁCULO: Mira! Mira! Miró, mirando!
DURACIÓN: 60 min.

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Dirección e creación: José Leitao Elenco: Carlos Adolfo, Daniela Pégo, Flávio Hamilton, Ana Lígia Vieira, Pedro Carballo
Elementos escenográficos: Enmanuel Santos e José Lopes
Dirección de produción: Carina Moutinho e Sofía Leal
Dirección e concepción plástica: Emanuel Santos
Apoio ao Movemento: Renato Vieira
Música orixinal e sonoplastia: Carlos Adolfo

SINOPSE
Dous actores, unha actriz, unha bailarina e un músico, xogan con imaxes, marionetas, obxectos e formas animadas... Interpretan as cores e os personaxes do mundo pictórico de Joan Miró atravesando diversas disciplinas teatrais; a manipulación de obxectos, a danza e novo circo nunha permanente interacción co público. Mira! Mira! Miró, mirando! é un espectáculo de rúa no que estarán presentes o carnaval do arlequín, o nacemento do mundo, a lúa, o sol, as constelacións, a muller e a estrela; o amor e o desamor.

A compañía
Art’Imagem é unha das compañías máis consolidadas do teatro en Portugal. Caracterizada pola integración de diversas disciplinas teatrais en diálogo coas novas linguaxes, ten xirado por Europa e América.
Organiza o festival “Fazer a Festa - Festival Internacional de Teatro” e o “Festival Internacional de Teatro Cómico de Maia”.


www.teatroartimagem.org

 



20'30 TEATRO PRINCIPAL
COMPAÑÍA: KARLIK DANZA
PROCEDENCIA: ESTREMADURA
ESPECTÁCULO: María Zambrano, la palabra danzante
DURACIÓN: 60 min.

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Autoría: Cristina D. Silveira - Karlik Danza Teatro
Dirección: Cristina D. Silveira
Dir. artística: Karlik Danza - La Nave del Duende
Intérpretes: Cristina Pérez, Elena Sánchez Nevado
Escenografía e vestiario: Susana de Uña
Música: Álvaro Rodriguez Barroso
Iluminación: David Pérez Hernando
Son: David Pérez Hernando

SINOPSE
Render homenaxe á figura de María Zambrano como muller, pensadora, creadora a través da palabra danzante, da imaxe, a metáfora e o símbolo desde o pensamento poético, a emerxencia do logos feminino, o desenvolvemento do humano esencial, a transculturalidade, a universalidade. María Zambrano penetraranos no pensar desde as entrañas, desde a vontade, desde o amor para comprender que só homes novos poderán crear unha nova sociedade facendo da vida a verdadeira obra de arte de todo ser humano destinada a cambiar a historia.

A compañía
Nace en Cáceres en 1991 coa fin de atopar unha linguaxe escénica que poida ir máis aló de calquera das técnicas asimiladas. Neste ano cumpre 25 anos, cunha traxectoria profesional con máis de 1.600 representacións e 60.000 espectadores en 32 países, centos de críticas favorables e máis de 21 premios nacionais e internacionais. Creou máis de vinte espectáculos e participou en festivais de Korea, Colombia, Alemaña, Arxentina, Francia ou Chile.


www.karlikdanza.com

 



23'00 AUDITORIO MUNICIPAL
COMPAÑÍA: MATARILE TEATRO
PROCEDENCIA: GALICIA
ESPECTÁCULO: Circo de Pulgas
DURACIÓN: 95 min.

ESTREA

AFORO LIMITADO

SEGUNDA FUNCIÓN: DOMINGO 8 ÁS 20:30


FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Creación e dirección: Ana Vallés
Elenco: Óscar Codesido, Mónica García, Celeste González, Ricardo Santana, Nuria Sotelo, Ana Vallés
Iluminación e espazo escénico: Baltasar Patiño
Axudantes de dirección: Jacobo Bugarín e Alfonso Míguez
Produción: Juancho Gianzo

SINOPSE
Creo que é o momento de regresar. E como non se pode nunca volver a ningún sitio, vou maquillar o meu cadáver e a regresar con el a un paraíso ou inferno particular.
Con isto non pretendo situarme como vítima de ningunha situación ou continxencia.
Quero dicir que deixarei de ocultar, silenciar, ou enmascarar os aspectos máis sórdidos do que se coñece como realidade e algúns apuntan como fantasía. Fai falta subliñar que todo será inventado e que aquí non se admite a presunta inocencia?

A compañía
Matarile Teatro, fundada en 1986, é unha das compañías galegas máis internacionais e galardoadas. Acaba de abrir o seu novo espazo de im-permanencia en Santiago, A Sala Montiel.


www.matarileteatro.net