DOMINGO 7
DE 10:00 a 18:30 AUDITORIO MUNICIPAL - SALA AZUL
CURSO DE FORMACIÓN INTENSIVO
IMPARTE: SUTTOTOS (ARXENTINA)
O xogo, motor da creación
Prezo: 15€
inscriciÓn: en fitoourense@yahoo.es
IMPARTE workshop de Gadiel Sztryk e Andrés Caminos
DURACIÓN: 6 horas
É un taller deseñado para que todas aquelas persoas interesadas no teatro descubran, a través do xogo, a súa poética propia e as súas capacidades expresivas. Traballarase con exercicios específicos para o desenvolvemento estético, rítmico, xestual, vocal e narrativo.
Un espazo que incentiva a creatividade e outorga as ferramentas necesarias, desde o vocal, o xestual e o expresivo para que os alumnos se desenvolvan actoralmente.
Un achegamento ao xogo teatral para atopar no lúdico o desenvolvemento dunha linguaxe propia.
DO VENRES 12 AO DOMINGO 14
AUDITORIO MUNICIPAL
IV ENCONTRO «MULLERES CREANDO»
Dirixe Marta Pérez
VENRES 13
12:00 AUDITORIO MUNICIPAL - SALA AZUL
Mesa e reflexión: Mulleres visibles - Ser e estar na cultura
Interveñen: Karina Garantivá (Clásicas&Modernas - Madrid) Mercé Espelleta (Projecte Vaca-Barcelona), Pilar Almansa (Liga Profesional de las Mujeres en el Teatro - Madrid) e Marta Villar (CIMA- Galicia)
A partires de diferentes asociacións de mulleres que buscan a paridade e igualdade na cultura a nivel estatal poderemos ter unha perspectiva sobre os datos e a realidade da situación laboral das mulleres, así como coñecer cales son os pasos a seguir ante as denuncias que compañeiras de profesión realizan dentro dos seus ámbitos.
17:00 AUDITORIO MUNICIPAL - SALA AZUL
Mesa e reflexión: A Caixa de Pandora - Moito máis que persoal
Interveñen: Carmen Tomé (Madrid), Diana Larrea (Madrid), Carolina Núñez (Galicia)
Nesta mesa falaremos do que é a Caixa de Pandora, cales son os seus obxectivos e as súas metodoloxías, así como coñecer que pasos e de que forma se poden abordar as diferentes denuncias sobre abuso de poder que as mulleres realizan dentro do ámbito laboral da Cultura.
19:00 AUDITORIO MUNICIPAL - SALA AZUL
Proxección
Ana de Matos (Galicia - CATALUÑA)
Esta artista adapta os seus discursos persoal e liñas de investigación plástica a este proxecto. Vídeo-creacións, creacións multimedia de arte interactiva, fotografía, performances documentadas en vídeo, escultura en proceso e pezas de son conviven con debuxos e instalacións varias.
SÁBADO 13
12:00AUDITORIO MUNICIPAL - SALA AZUL
Mesa e reflexión: Artistas na periferia - Experiencia da Caixa de Pandora en Galicia
Interveñen: Pilar Sánchez Monje, Uqui Permui, Olga Pastor e Luz Darriba
Nesta mesa contamos con diferentes voces creadoras e xestoras galegas que darán conta da situación da Caixa de Pandora en Galicia, partindo dunha experiencia común que son as ferramentas das novas tecnoloxías para o activismo feminista desde a realidade da periferia.
17:00 AUDITORIO MUNICIPAL - SALA AZUL
Mesa e reflexión: A creación feminina en Galicia
Interveñen: Matrioska Teatro (Anabell Gago e Chelo do Rego), Laura Villaverde, Mercé de Rande e Helen Bertels
Nesta mesa diferentes creadoras galegas darán conta dos seus traballos e analizarán cales son as claves dos seus procesos, abrindo o debate sobre se a perspectiva de xénero debe ser plasmada nas creacións escénicas.
19:00 AUDITORIO MUNICIPAL - SALA AZUL
Acción escénica:
15’
Compañía: Mónica Sueiro
A actriz solicita á Autora unha peza para ser representada. Unha caixa, un manual de instrucións para construír unha escena, un texto que faga a súa existencia soportable. Só ten quince minutos e poden ser unha eternidade.
DOMINGO 14
12:00 AUDITORIO MUNICIPAL - SALA AZUL
Mesa e reflexión: Concienciar a través da arte
Interveñen: Yolanda Villa, Encarna Lago e Paula Cabaleiro
Nesta mesa diferentes directoras e coordinadoras de Festivais, Congresos e Xornadas en torno ao xénero e a cultura en Galicia exporán cales son os eixos en torno aos cales realizan as súas programacións así como falar das experiencias concretas de cada unha (Elas Son artistas, Congreso de Xéneros, Alén dos Xéneros, Miradas de Mulleres e Violencia Zero) e se os resultados son os esperables en canto á concienciación.
13:30 AUDITORIO MUNICIPAL - SALA AZUL
Recital: A revolución das mulleres floreiro
Compañía: DÚAS GAMBERRAS E UN MICRO
Nuria Vil + Vanessa Gremsel
A REVOLUCIÓN DAS MULLERES FLOREIRO pon o acento na invisibilidade que poetas e creadoras veñen sufrindo durante toda a historia. Con música en vivo, este espectáculo de corte preformático e multidisciplinar agocha baixo un humor desenfadado unha crítica feroz contra o silencio ao que as artistas estiveron e están sometidas.
17:00 AUDITORIO MUNICIPAL - SALA AZUL
Mesa e reflexión: Onde están os protocolos?
Interveñen: Tania Martínez Portugal (Madrid), Teresa Pérez Pardo (Sindicato CRTVG) e Inma López Silva (Esad Galicia)
Unha mesa onde poderemos saber de primeira man como actúan diferentes institucións, organismos e organizacións ante denuncias de acoso, así como saber en que paso están e como se activan os protocolos. Para iso contamos con Tania Martínez Portugal que indaga sobre que sucede cando se realizan denuncias dentro de movementos sociais e políticos, con María Teresa Pérez Pardo sindicalista na CRTVG e Inma López Silva da Escola Superior de Arte Dramático de Galicia.