xo
ve
sa
do
lu
ma
me
xo
ve
sa
do
8
9

XOVES 11

20'00 TEATRO PRINCIPAL
COMPAÑÍA: A PANADARÍA
PROCEDENCIA: GALICIA
ESPECTÁCULO: Elisa e Marcela
DURACIÓN: 75 min.

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Creación e interpretación: Areta Bolado, Noelia Castro, Ailén Kendelman
Dirección: Gena Baamonde
Texto: Areta Bolado, Noelia Castro, Ailén Kendelman, Gena Baamonde
Música orixinal: Ailén Kendelman
Iluminación: Laura Iturralde, Montse Piñeiro
Escenografía: A Panadaría, Beatriz de Vega
Vestiario: Fanibell

SINOPSE
Ano 1901, A Coruña. Dúas mulleres casan na igrexa de San Xurxo, unha delas vestida de home. Unha historia de persecucións policiais, fuxidas en dilixencia, cambios de identidade e informacións manipuladas. As cómicas de A Panadaría presentan unha reconstrución irreverente dun suceso real. Unha comedia musical onde o verídico parece invento. Elisa e Marcela é unha historia de amor a contratempo.

A COMPAÑÍA
A Panadaría, fundada en 2013, ispe de atavíos o escenario para colocar no centro as súas actrices, nunha linguaxe desenfadada baseada no humor, o traballo corporal e a música vocal.
No ano 2015 son recoñecidas co Premio da Crítica Galicia e destacadas como compañía galega revelación do momento. Elisa e Marcela, que acada xa seis premios en menos dun ano, supón a confirmación de que A Panadaría veu para quedar. www.apanaderia.es

 

22'30 AUDITORIO MUNICIPAL
COMPAÑÍA: TEATRO EN VILO
PROCEDENCIA: MADRID
ESPECTÁCULO: Interrupted
DURACIÓN: 60 min.

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Dirección: Andrea Jiménez, Noemi Rodríguez
Intérpretes: Ariana Cárdenas, Andrea Jiménez, Esther Ramos, Noemi Rodríguez
Creación orixinal: Fiona Clift, Andrea Jiménez, Noemi Rodríguez, Branca Solé
Co-creadoras: Ariana Cárdenas, Philipa Hambley, Roisin Ou’ Mahony, Esther Ramos
Voz en off: Mónica Faro
Iluminación: David Roldán, Germán Gundín
Fotografía: César Lucas
Deseño gráfico: Ione Oleaga, George Couyas
Vídeo: Bonafide
Produción: Teatro EnVilo
Distribución: Ii Abllá P

SINOPSE
Interrupted é unha irreverente e orixinal comedia sobre como unha vida perfecta pode converterse nun inferno da forma máis inesperada. A rutina da protagonista é unha maquinaria teatral de alta precisión cuxo funcionamento vaise ver bruscamente interrompido por un tráxico destino... En 60 minutos seremos testemuñas de como, en só 6 días, Anabel perde progresivamente o control da súa vida ata nadar nun absoluto e absurdo caos.

A COMPAÑÍA
Teatro en Vilo é unha compañía internacional de teatro fundada en Londres en 2012, un colectivo itinerante que serve como plataforma para colaboracións internacionais e interdisciplinarias entre creadores de escena, artistas e investigadores procedentes de países de todo o mundo. Participa en festivais internacionais como o Edinburgh Fringe Festival ou o Mimetic Festival de Londres. Recibiu numerosos premios como o Talent Madrid 2013, Mellor Compañía Emerxente no Mimetic Festival ou a candidatura a Mellor Autoría Revelación nos XIX Premios Max.

ESPECTÁCULO RECOMENDADO POLA REDE NACIONAL DE TEATROS

Vídeo youtu.be/v4E29ftKoOY