xo
ve
sa
do
lu
ma
me
xo
ve
sa
do
8
9

VENRES 12

22’30 AUDITORIO MUNICIPAL
COMPAÑÍA: MATARILE
PROCEDENCIA: GALICIA
ESPECTÁCULO: Os limóns, a neve e todo o demais
DURACIÓN: 65 min.

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Creación e Interpretación: Mónica García, Ana Vallés
Asistencia na dirección: Ricardo Santana
Música e son procesado en tempo real: Baltasar Patiño
Deseño Iluminación + espazo: Baltasar Patiño
Fotos: Rubén Vilanova
Produción e distribución: Juancho Gianzo

SINOPSE
A tentación de deixalo todo e marchar correndo a outro lugar. O desexo persistente de atravesar a fantasía, e os feitos reais dos nosos personaxes inventados.
Quizais por evitar o regreso dilatamos a partida, e mentres tanto, escoitamos as palabras do tolo ou abrazamos a beleza, con mala conciencia. Gozar deste día perfecto.
Ana Vallés e Mónica García coñecéronse en 2000 en Madrid, coincidindo no proceso de creación de Fine Romance de Carmen Werner (Provisional Danza). Ana, actriz-directora, e Mónica, bailarina-coreógrafa, traballan xuntas desde 2007 nos espectáculos de Matarile Teatro. Durante o proceso de creación de Antes da Metralla, Mónica proponlle a Ana a creación conxunta dun dúo.

A COMPAÑÍA
A compañía galega Matarile Teatro leva trinta anos creando vangarda sobre as táboas. Trinta anos desde que empezara en Santiago de Compostela como un taller de construción, sen saber que, dunha forma case imperceptible acabarían converténdose nunha das compañías con maior prestixio nacional e internacional, pioneira dun teatro anovador en España.

www.matarileteatro.net

Vídeo instagram.com/matarile_teatro/